CURSO-TALLER INTENSIVO E EXPERIMENTAL: "ACOMPAÑANDO EMOCIONALMENTE A ADOLESCENCIA"

02 / XUN / 2023

CURSO-TALLER INTENSIVO E EXPERIMENTAL: "ACOMPAÑANDO EMOCIONALMENTE A ADOLESCENCIA"

Se coas túas fillas e fillos cústache manter a calma e en ocasións crees que non tes ferramentas e enerxía para acompañarlles nos seus retos vitais. Se a miúdo hai situacións de distanciamento, desencontro, enfado e a comunicación familiar non flúe como antes. Se queres que o voso vínculo mellore e gustaríache vivir esta etapa con curiosidade e alegría: o Concello de Sada anímate a que participes neste curso-taller no que compartiremos con outras familias e desde un enfoque práctico e dinámico unha  nova forma de acompañar a súa adolescencia.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN - ABERTO DO 5 AO 12 DE XUÑO

Requisitos dos participantes, lugar de realización e prazas

É imprescindible que as familias interesadas teñan fillas e/ou fillos que comprendan a etapa de idade entre 11 e 18 anos. A comprobación deste dato farase a través do padrón municipal, polo que non será necesario aportar ningún documento acreditativo.

 

Lugar de realización:

Edificio da Axudantía (Salón de Plenos ) na Avda. do Porto. Sada

 

Prazas:

As prazas son limitadas e serán adxudicadas por orden de inscripción.

(Terán prioridade aquelas persoas que se comprometan a asistir a todas as sesión)

Unha vez cuberto o cupo das prazas máximas, aquelas persoas que non foran admitidas formaran parte dunha lista de agarda.

 

Sesións do Curso-taller e horario.

 As sesións desenvolveranse en horario de 18:00 a 21:00 h, nas seguintes datas:

  • Luns 19 de xuño
  • Martes 20 de xuño
  • Luns 26 de xuño
  • Martes 27 de xuño

*1 sesión extra a concretar

 

Prazo para formalizar a inscrición.

O prazo para formalizar a inscrición será do 5 ao 12 de xuño (inclusive). Calquera inscrición realizada fóra deste prazo non será admitida.

 

Inscricións:

As inscricións deberá realizarse obrigatoriamente no formulario on-line QUE SE HABILITARÁ NA WEB MUNICIPAL O 5 DE XUÑO.

 

Información

Os/as interesados/as poderán solicitar información no departamento dos Servizos Sociais Comunitarios do concello, en horario de 09:00 a 14:00 de luns a venres no teléfono 981620567 ou no correo: servizos.sociais@sada.gal, ( persoas de contacto Ana e Fabiola).

Arquivado en