A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada colabora na organización de dous cursos gratuitos no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E, dirixido a persoas emprendedoras, grupos promotores de cooperativas e a persoas interesadas en xeral.
FICHA DE PROGRAMACIÓN OBRADOIRO 'ACHEGÁNDONOS AO CONFLITO. HABILIDADES PARA A XESTIÓN DO CONFLITO'
FICHA DE PROGRAMACIÓN OBRADOIRO 'ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO'
Obradoiro 'ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO'
OBXECTIVOS:
- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.
PROGRAMA
Módulo 1.- Introdución ao plan de empresa.
Módulo 2.- Area Comercial e de Mercado
Módulo 3.- Área Económico- Financeira
Módulo 4.- Area Organizativa e trámites de constitución.
Datas: 25-28/02/2019
Duración 20 HORAS
Horario 09:30 – 14:30 HS
Lugar de celebración: Concello de Sada (Salón de Plenos), Avenida do Porto, 24, Sada
Prazas: 20
Obradoiro HABILIDADES SOCIAIS PARA A XESTIÓN DO CONFLITO,
Traballaranse ferramentas para mellorar as habilidades para o traballo colaborativo.
OBXECTIVOS
Comprender que o conflito é algo natural que está presente na nosa vida.
Coñecer as diferentes fontes das que xurde o conflito.
Coñecer e experimentar os diferentes estilos de afrontamento do conflito.
Achegarnos a xeitos construtivos de xestionar as situacións de conflito.
PROGRAMA
Módulo 1.- O conflito está no aire
Módulo 2.- As fontes do conflito
Módulo 3.- Estilos de resolución de conflitos
Módulo 4.- Pautas para a xestión das situacións conflitivasDuración: 20 h.
Datas: 4, 6, 7 e 11 de marzo
Duración 20 HORAS
Horario 09:30 – 14:30 HS
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, Avda. do Porto, 24
Prazas: 20
INSCRICIÓNS AOS CURSOS
Pódese asistir a un ou aos dous, pode cubrir o seguinte formulario:
INSCRÍBETE AQUÍ, ou tamén podese chamar á Axencia de emprego e desenvolvemento local ao teléfono 881 92 90 57