Cursos septiembre y octubre aula CeMIT en Sada

15 / SEP / 2021

Cursos septiembre y octubre aula CeMIT en Sada

Dentro del programa "A vota coas TIC´S, en el Ayuntamiento de Sada oferta nuevos cursos formativos gratuitos.

A aula CeMIT de Sada (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar nos meses de setembro e outubro.

Si aínda non es usuario da Rede CeMIT inscribete xa na seguinte ligazón, poderás participar en moitas das actividades de formación presenciais e online.

A continuación detallámosvos as actividades ofertadas realizar na aula CEMIT de Sada.

1. Curso de iniciación ao procesador de textos Writer:

Persoas destinatarias: Para público en xeral.

Obxectivos: Aprender como crear documentos, similar o Microsoft Word.

Contido:

  • 1. Que é un procesador de textos?
  • 2. Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Writer)
  • 3. Crear un documento
  • 4. Estrutura e propiedades dun documento
  • 5. Formato de texto e formato de parágrafo
  • 6. Estilos e formato
  • 7. Imaxes e debuxos
  • 8. Táboas
  • 9. Visualización e impresión dun documento

Modalidade: presencial

Data e horario: 15:30 – 17:30 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (Mércores e Xoves).

Inscricións nesta LIGAZÓN

Póster Curso Writer Iniciación

 

2. Curso avanzado ao procesador de textos LibreOffice Writer:

Persoas destinatarias: Para público en xeral.

Obxectivos: Aprender como sacarlle proveito as ferramentas que che permitirán dar un toque especial aos nosos documentos ou ser moito máis produtivos.

Contido:

  • 1. Configurar páxina
  • 2. Cabeceira e Rodapé
  • 3. Crear Nota ao pé de páxina
  • 4. Crear seccións determinadas do documento
  • 5. Traballo co Texto en columnas
  • 6. Traballar con documentos grandes
  • 7.Tabulacións
  • 8. Construción de Modelos
  • 9. Táboas
  • 10. Personalizar Barra de Ferramentas
  • 11. Viñetas en Numeración
  • 12. Caixas de texto
  • 13. Quebras manuais e de páxina
  • 14. Inserir campos predefinidos

Modalidade: presencial

Data e horario: 9:00 – 11:30 de 20/09/2021 a 11/10/2021 (Luns, Martes e Venres).

Inscricións nesta LIGAZÓN

Póster Curso Writer Avanzado

 

3.Curso de iniciación á folla de calculo Calc:

Persoas destinatarias: Para público en xeral.

Obxectivos: Aprender a crear follas de cálculo, similar a Microsoft Excel.

Contido:

  • 1. Que é unha folla de cálculo?
  • 2. Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Calc)
  • 3. Introdución e modificación de datos
  • 4. Formato de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.)
  • 5. Filtros e ordenación dos datos
  • 6. Traballo con fórmulas
  • 7. Xestionar as follas de cálculo dun libro
  • 8. Formatos condicionais
  • 9. Creación de gráficos
  • 10. Configuración para a impresión dos datos

Modalidade: presencial

Data e horario: 18:00 – 20:00 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (Mércores e Xoves).

Inscricións nesta LIGAZÓN

Póster Curso Calc Iniciación

 

4.Curso avanzado á folla de calculo Calc:

Persoas destinatarias: Para público en xeral.

Obxectivos: Este curso vai mais alá do uso básico da folla de calculo Calc aprenderás como sacarlle proveito a esta potente ferramenta de ofimática facendo uso das funcións intermedio e avanzada que LibreOffice Calc dispón para ti.

Contido:

  • 1. Libro e follas múltiples
  • 2. Creación de persoais
  • 3. Ligazóns a datos de distintas follas
  • 4. Fixar datos en celas
  • 5. Formato de celas
  • 6. Bloquear e protexer celas e follas
  • 7. Hiperligazóns
  • 8. Manexo avanzado de gráficos de barras e liñas
  • 9. Cambio de datos no orixe e nas series para os gráficos
  • 10. Lendas e títulos en gráficos
  • 11. Funcións condicionades e lóxicas
  • 12. Ordenación de datos
  • 13. Importación de datos
  • 14. Filtros
  • 15. Táboas dinámicas

Modalidade: presencial

Data e horario: 09:00 – 11:30 de 15 /10/2021 a 8 /11/2021 (Luns, Martes e Venres).

Inscricións nesta LIGAZÓN 

Póster Curso Calc Avanzado

 

5.Curso de Administración Electrónica: eAdministración

Persoas destinatarias: Para público en xeral.

Obxectivos: Este curso presta especial atención ao certificado dixital, a firma electrónica e o DNI electrónico, especificando os seus usos, requisitos, etc.

Abordando as posibilidades que ofrece a administración electrónica online e o acceso práctico aos servizos públicos electrónicos: sedes electrónicas, canles de información, publicacións oficiais, etc.

Contido:

  • 1. Explicar que é a Administración electrónica.
  • 2. Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo.
  • 3. Recoñecer os distintos sistemas de acceso á Administración pública: DNIe, certificado dixital da FNMT, chave365, cl@ave...
  • 4. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas estatal, autonómica e municipal.
  • 5. Realizar algúns trámites con distintas Administracións.
  • 6. Asinar documentos dixitalmente

Modalidade: presencial

Data e horario:

Primeira edición: 12:00 – 14:00 de 20/09/2021 a 28/09/2021 (Luns, Martes e Venres).

Segunda edición: 12:00 – 14:00 de 15 /10/2021 a 25 /10/2021 (Luns, Martes e Venres).

Inscricións nesta LIGAZÓN 

Póster Curso eAdministración

 

6.Curso de Factura Electrónica: FACTURA-e e FACe

Persoas destinatarias: Para público en xeral.

Obxectivos: Este curso presta especial atención ao proceso de elaboración e presentación da Factura Electrónica a través do programa Facturae e no punto xeral de entrada de facturas electrónicas FACe.

Contido:

  • 1. Instalación do programa Facturae.
  • 2. Uso básico da aplicación.
  • 3. Que é a factura electrónica.
  • 4. FAce o punto xeral de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado.

Modalidade: presencial

Data e horario:

Primeira edición: 12:00 – 14:00 de 1/10 /2021 a 11/10/2021 Luns, Martes e Venres).

Segunda edición: 12:00 – 14:00 de 26/10 /2021 a 8/11/2021 Luns, Martes e Venres).

Inscricións nesta LIGAZÓN

 

A Rede CeMIT de formación e recursos dixitais de balde situada na Praza da Pescadería abirá de luns a venres co seguinte horario:

Luns - Martes - Venres - De 9:00 a 14:30 horas

Mércores - Xoves - De 14:00 - 20:00 horas

Para calquera consulta non dubides en contactar coa persoa responsable da aula.

TELÉFONO. 981977265

CORREO ELECTRÓNICO: cemit.sada@xunta.gal

Máis información

Arquivado en