Dentro do programa “A volta coas TIC´S”, no Concello de Sada oferta novos cursos formativos gratuítos.
A aula CeMIT de Sada (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar nos meses de setembro e outubro.
Si aínda non es usuario da Rede CeMIT inscribete xa na seguinte ligazón, poderás participar en moitas das actividades de formación presenciais e online.
A continuación detallámosvos as actividades ofertadas realizar na aula CEMIT de Sada.
1. Curso de iniciación ao procesador de textos Writer:
Persoas destinatarias: Para público en xeral.
Obxectivos: Aprender como crear documentos, similar o Microsoft Word.
Contido:
- 1. Que é un procesador de textos?
- 2. Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Writer)
- 3. Crear un documento
- 4. Estrutura e propiedades dun documento
- 5. Formato de texto e formato de parágrafo
- 6. Estilos e formato
- 7. Imaxes e debuxos
- 8. Táboas
- 9. Visualización e impresión dun documento
Modalidade: presencial
Data e horario: 15:30 – 17:30 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (Mércores e Xoves).
Inscricións nesta LIGAZÓN
Póster Curso Writer Iniciación
2. Curso avanzado ao procesador de textos LibreOffice Writer:
Persoas destinatarias: Para público en xeral.
Obxectivos: Aprender como sacarlle proveito as ferramentas que che permitirán dar un toque especial aos nosos documentos ou ser moito máis produtivos.
Contido:
- 1. Configurar páxina
- 2. Cabeceira e Rodapé
- 3. Crear Nota ao pé de páxina
- 4. Crear seccións determinadas do documento
- 5. Traballo co Texto en columnas
- 6. Traballar con documentos grandes
- 7.Tabulacións
- 8. Construción de Modelos
- 9. Táboas
- 10. Personalizar Barra de Ferramentas
- 11. Viñetas en Numeración
- 12. Caixas de texto
- 13. Quebras manuais e de páxina
- 14. Inserir campos predefinidos
Modalidade: presencial
Data e horario: 9:00 – 11:30 de 20/09/2021 a 11/10/2021 (Luns, Martes e Venres).
Inscricións nesta LIGAZÓN
3.Curso de iniciación á folla de calculo Calc:
Persoas destinatarias: Para público en xeral.
Obxectivos: Aprender a crear follas de cálculo, similar a Microsoft Excel.
Contido:
- 1. Que é unha folla de cálculo?
- 2. Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Calc)
- 3. Introdución e modificación de datos
- 4. Formato de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.)
- 5. Filtros e ordenación dos datos
- 6. Traballo con fórmulas
- 7. Xestionar as follas de cálculo dun libro
- 8. Formatos condicionais
- 9. Creación de gráficos
- 10. Configuración para a impresión dos datos
Modalidade: presencial
Data e horario: 18:00 – 20:00 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (Mércores e Xoves).
Inscricións nesta LIGAZÓN
4.Curso avanzado á folla de calculo Calc:
Persoas destinatarias: Para público en xeral.
Obxectivos: Este curso vai mais alá do uso básico da folla de calculo Calc aprenderás como sacarlle proveito a esta potente ferramenta de ofimática facendo uso das funcións intermedio e avanzada que LibreOffice Calc dispón para ti.
Contido:
- 1. Libro e follas múltiples
- 2. Creación de persoais
- 3. Ligazóns a datos de distintas follas
- 4. Fixar datos en celas
- 5. Formato de celas
- 6. Bloquear e protexer celas e follas
- 7. Hiperligazóns
- 8. Manexo avanzado de gráficos de barras e liñas
- 9. Cambio de datos no orixe e nas series para os gráficos
- 10. Lendas e títulos en gráficos
- 11. Funcións condicionades e lóxicas
- 12. Ordenación de datos
- 13. Importación de datos
- 14. Filtros
- 15. Táboas dinámicas
Modalidade: presencial
Data e horario: 09:00 – 11:30 de 15 /10/2021 a 8 /11/2021 (Luns, Martes e Venres).
Inscricións nesta LIGAZÓN
5.Curso de Administración Electrónica: eAdministración
Persoas destinatarias: Para público en xeral.
Obxectivos: Este curso presta especial atención ao certificado dixital, a firma electrónica e o DNI electrónico, especificando os seus usos, requisitos, etc.
Abordando as posibilidades que ofrece a administración electrónica online e o acceso práctico aos servizos públicos electrónicos: sedes electrónicas, canles de información, publicacións oficiais, etc.
Contido:
- 1. Explicar que é a Administración electrónica.
- 2. Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo.
- 3. Recoñecer os distintos sistemas de acceso á Administración pública: DNIe, certificado dixital da FNMT, chave365, cl@ave...
- 4. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas estatal, autonómica e municipal.
- 5. Realizar algúns trámites con distintas Administracións.
- 6. Asinar documentos dixitalmente
Modalidade: presencial
Data e horario:
Primeira edición: 12:00 – 14:00 de 20/09/2021 a 28/09/2021 (Luns, Martes e Venres).
Segunda edición: 12:00 – 14:00 de 15 /10/2021 a 25 /10/2021 (Luns, Martes e Venres).
Inscricións nesta LIGAZÓN
6.Curso de Factura Electrónica: FACTURA-e e FACe
Persoas destinatarias: Para público en xeral.
Obxectivos: Este curso presta especial atención ao proceso de elaboración e presentación da Factura Electrónica a través do programa Facturae e no punto xeral de entrada de facturas electrónicas FACe.
Contido:
- 1. Instalación do programa Facturae.
- 2. Uso básico da aplicación.
- 3. Que é a factura electrónica.
- 4. FAce o punto xeral de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado.
Modalidade: presencial
Data e horario:
Primeira edición: 12:00 – 14:00 de 1/10 /2021 a 11/10/2021 Luns, Martes e Venres).
Segunda edición: 12:00 – 14:00 de 26/10 /2021 a 8/11/2021 Luns, Martes e Venres).
Inscricións nesta LIGAZÓN
A Rede CeMIT de formación e recursos dixitais de balde situada na Praza da Pescadería abirá de luns a venres co seguinte horario:
Luns - Martes - Venres - De 9:00 a 14:30 horas
Mércores - Xoves - De 14:00 - 20:00 horas
Para calquera consulta non dubides en contactar coa persoa responsable da aula.
TELÉFONO. 981977265
CORREO ELECTRÓNICO: cemit.sada@xunta.gal