A Concellería de Deportes encargará tamén un estudo exhaustivo da estructura do pavillón polideportivo para solucionar o desnivel tanto na pista de xogo como nos vestiarios e outras instalación do pavillón.
Dentro da actuación que se solicitou ao POS 2016 inclúese a colocación dun novo lucernario apoiado sobre o panel existente que servirá de soporte sobreelevado.
A concelleira de Deportes, Zeltia García, inclúe dentro das actuacións para solicitar subvención en materia de deportes á Diputación o novo recubrimento e posterior pintado das liñas da pista de baloncesto do paseo e a adquisición xogo de canastras de basket basculantes cun orzamento de 17.000€.
Sada 23 decembro 2015.
O concello de Sada incluiu no Plan de Obras e Servizos a sustitución do lucernario na cuberta do Pavillón Polideportivo de As Brañas. Esta actuación é unha das máis demandadas polos usuarios logo de ver como as pingas de auga aparecen un inverno tras outro sen que ata o momento se dese solución a iste problema.
O pavillón polideportivo de Sada ten unha antigüidade de 30 anos polo que as partes expostas ao exterior presentan unha deterioración polo tempo transcorrido. Desde os servizos técnicos municipais observouse que a cuberta presenta oxidación e que ademais presentan filtracións de auga de choiva no interior, ben polo deterioro da xunta dos tornillos ou ben pola propia oxidación ou corrosión que a mesma presenta.
Esta incidencia fai que se limite o uso do pavillón, que permanece pechado os días de choiva, pero tamén está a provocar unha deterioración do pavimento exterior. No informe dos técnicos indícase ademais que as filtracións son provocadas e acusadas pola deterioración dos paneis translúcidos da cuberta.
É por iso que dentro da actuación que se solicitou ao POS 2016 inclúese a colocación dun novo lucernario apoiado sobre o panel existente que servirá de soporte sobreelevado. O sistema elixido para esta obra tolera a expansión térmica, estando a proba de filtracións e provisto dunha especial protección contra os efectos degradantes dos raios ultravioleta. Ademais non necesita siliconas ou adhesivos, evitando con iso os posibles fallos da unión, problema moi común nos sistemas tradicionais.
Zeltia García, concelleira de Deportes, sinala que esta “é unha actuación totalmente necesaria para Sada xa que os arranxos que se fixeron hai uns meses non supuxeron mellora nas filtracións de auga”
“Necesitamos, indicou a concelleira, un pavillón onde se poidan celebrar competicións ou entrenos das distintas modalidades deportivas sen ter en conta se chove ou non”. O orzamento desta obra ascende a 30.000€
Para que o pavillón esté en perfectas condicións para a práctica das distintas disciplinas deportivas dende Deportes vaise encargar ademáis un estudo completo da situación da estructura do inmoble. Actualmente a pista polideportiva ten un desnivel considerable que afecta o desenvolvemento da práctica de xogo. Ademáis os vestiarios tamén presentan deficiencias estructurais e noutras instalacións do pavillón o desnivel e palpable.
Novo pavimento das pistas de baloncesto do paseo marítimo
Desde a concellería de Deportes tamén se solicitou una subvención para a formación de novo recubrimento e marcaxe da pista deportiva exterior de hormigón de baloncesto pistas Paseo Marítimo de Sada.
As instalacións deportivas exteriores do Paseo Marítimo de Sada contan con tres pistas, unha de fútbol sala, unha de baloncesto e unha de tenis, as tres con gradas de formigón e peche perimetral de rede metálica.
“Tanto a pista de fútbol sala como a de tenis, indica Zeltia García, teñen unha ocupación importante, pola súa banda a pista de baloncesto case non se usa xa que o pavimento patina e fai perigoso o seu uso, únicamente utilízase por parte de usuarios para tirar a canasta e non para adestrar ou xogar.
A concelleira sinala que “inda que se tivemos varias propostas para organizar algún torneo de baloncesto debido ao estado do firme houbo que descartar a actividade debido a perigosidade da pista”
Xunto co cambio de pavimento o servizo de deportes do Concello de Sada quere cambiar as canastras que na actualidade están rotas. “As actuais, indican, son unas canastras que cando algún xogador medianamente forte se colga do aro rompen por iso queremos instalar unhas canastras basculantes na pista de baloncesto do Paseo Marítimo xa que son moi utilizadas e desta maneira recuperar a práctica do baloncesto en Sada ou torneos como o 3x3 de verán que tiña moitísima afluencia de xogadores incluso de fora da comarca.”
As pistas do Paseo Marítimo son utilizadas todo o ano, tendo no verán un uso masivo, calcúlase que en torno a 15.000 beneficiarios utilizan as mesmas. Por elo a concelleira Zeltia García inclúe dentro das actuacións para solicitar subvención en materia de deportes á Diputación o novo recubrimento e posterior pintado das liñas da pista de baloncesto e a adquisición xogo de canastras de basket basculantes cun orzamento de 17.000€.