- A Banda de Música Municipal de Sada actuará o domingo 18 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns, xunto coa Banda Xuvenil, o Coro Municipal “Agra dás Arcas” e o Coro da Escola de Música Municipal no tradicional concerto de Nadal.
-O Esplendor do Barroco traerá o sábado 17 de decembro ao auditorio da Casa da Cultura unha selección de obras de Strozzi, Monteverdi, Frescobaldi ou Scarlatti.
Sada 15 decembro 2016.
A concellaría de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, programa para o fin de semana dous concertos de música clásica ben diferenciados.
A Banda de Música Municipal de Sada actuará o domingo 18 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns, xunto coa Banda Xuvenil e o Coro Municipal “Agra dás Arcas” e o Coro da Escola de Música Municipal no tradicional concerto de Nadal.
“Esta cita musical anual, a través dun concerto da man dos nosos e as nosas intérpretes, levará ao público a entrar de cheo no espírito festivo e navideño” sinalan desde a concellería.
O repertorio deste concerto especial, baseado en panxoliñas e composicións inspiradas no Nadal, inclúe A Huntingdon Celebration, de Philip Sparke; Celtic Child, de Bert Appermont; Danza Húngara Nº5 de Johannes Brahms; Vals da Suite No. 2, de Dmitri Shostakovich e A Christmas Festival de Leroy Anderson, ademáis de panxoliñas populares coa participación da Banda Xuvenil, o Coro Infantil da Escola Municipal de Música e do Coro Municipal “Agra das Arcas”.
Cultura programa ademáis para o sábado 17 de decembro ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns o concerto “O Esplendor do Barroco” a cargo dos músicos Esperanza Mara (Soprano), Xurxo Varela (Viola da Gamba) e Ramón Pérez Sindín (Clave) onde interpretarán obras de Strozzi, Monteverdi, Frescobaldi o Scarlatti.
“Exuberancia, teoría dos afectos, virtuosismo, beleza e un longo etcétera son cualificativos que poderiamos utilizar para definir tanto ao Barroco na Península Ibérica como en Italia”, puntulizan desde a concellería de Cultura.
A través deste programa nos achegaremos ás sonoridades deste tempo pasado grazas á aproximación do repertorio a través dos instrumentos de época e dunha interpretación historicamente informada.