Eat, Play and Learn with Peter Vard 2016 abre a súa inscrición

05 / OUT / 2016

Eat, Play and Learn with Peter Vard 2016 abre a súa inscrición

Actualizado a 05/10/2016 co decreto coas bases para cubrir as vacantes 

A Concellería de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, a través da Biblioteca Municipal, coa finalidade de apostar polo futuro educativo dos nenos e nenas de Sada pon á súa disposición durante este ano diversas liñas de traballo para que, o día de mañá, empreguen con normalidade un idioma tan extendido como é o inglés.

A primeira delas e Eat, Play and Learn with Peter Vard 2016, realizada pola Biblioteca Municipal. Trátase de contacontos e moito máis.  A actividade desenrolarase os domingos 9,16 e 23 de outubro e 13, 20 e 27 de novembro em horário de 12:00 a 16:00 horas.

"Os domingos de inglés na Biblioteca Municipal, sinala Bolaño, van máis alo dunha clase de inglés. Os nenos e nenas fan unha verdadeira inmersión no idioma, de ahí o nome da actividade onde se xoga,se aprende e incluso se realiza un xantar empregando o idioma desde o primeiro minuto ata o último."

Dirixido a nenos de 4 y 5 anos (deberán ter a idade requerida o 8 de outubro de 2016), ofértanse 40 plazas en total, distribuíndose vinte no mes de outubro e vinte no mes de novembro (debendo haber un mínimo de 10 solicitudes para poder facer as dúas quendas).

A inscrición presentarase do 19 al 23 setembro na Casa da Cultura Pintor Lloréns en horario de 9:00 a 14:00 horas. Adxuntarase á inscripción o DNI ou o libro de familia do menor. O prazo para recoller as solicitudes será ata as 14 horas do 23 de setembro. Pódese tamén enviar a documentación a través do enderezo electrónico da biblioteca Municipal (bibliotecasada@gmail.com ) a calquera hora do día/noite. Deberá adxuntar a inscripción e o DNI ou o libro de familia do menor. O prazo rematará ás 23:59 do día 23 se setembro.

No caso de que haxa máis solicitudes que plazas farase un sorteo público na Casa de la Cultura Pintor Lloréns o 27 de setembro ás 11:00 horas. O listado definitivo farase público o 28 de setembro  a partir das 14:00 horas. Formarase unha lista de reserva por si houbera algunha renuncia. O listado cos admitidos e a lista de reserva quedará exposto na Casa da Cultura Pintor Lloréns , na web do concello de Sada e no facebook da biblioteca municipal.

A iniciativa EPL_2016 é gratuita agás a comida que correrá a cargo dos proxenitores. O persoal da biblioteca debe coñecer se algun neno ten algunha alergia. Poden chamar ao teléfono 981 61 91 15 (Leticia, Belén, María) para solventar as dúbidas. As datas poderían ser modificadas por necesidade do servizo.

"Cremos, indica Bolaño, que a actividade debe ser gratuíta para facilitar a inscrición e no caso de que exista máis demanda que oferta resolverase por sorteo público que é o máis ecuánime."