A concellería que dirixe a socialista Raquel Bolaño inclúe no orzamento a cuberta do patio do colexio Sada e Contornos, a continuación da pasarela do CEIP de Mondego e unha pasarela de abrigo e acceso para peatóns e ambulancias no Centro de Saúde.
O orzamento contempla o aumento das subvencions educativas para familias, as axudas para transporte escolar naqueles cursos non obrigatorios e as axudas para material escolar.
“O que importan son as persoas, sinala Raquel Bolaño. Se un goberno está por apostar pola educación pública isto tense que notar na súa previsión de gastos e investimentos. Son tempos difíciles, non o podemos olvidar, e o mellor qu podemos deixarlles aos rapaces rapazas, á veciñanza de Sada é unha educación digna e a mellor sanidade posible.”
Sada 26 xaneiro 2016.
Os orzamentos da concellería de Educación, Xuventude e Saúde para o ano 2016 incluen inversións en centros escolares do municipio, no Centro de Saúde, aumento das subvencións para as familias, aumento da cuantía das actividades de Xuventude e un novo capítulo de promoción da saúde.
“Os investimentos da área de Educación, Xuventude e Saúde, sinala a concelleira socialista Raquel Bolaño, son unha parte moi importante na cuantía dos
investimentos globais. A aposta pola educación e a sanidade públicas son un eixo fundamental nestes orzamentos”
No capítulo de inversión o orzamento xeral dedica una partida de 127.000 euros a investimentos do área da concellería. Unha das demandas da comunicade escolar é a cuberta do patio do CEIP Sada e Contornos, enormemente solicitada por docentes e nais e país de alumnos e que Bolaño inclúe nos orzamentos.
Ademáis se continuará coa pasarela del CEIP de Mondego. A pasarela actual, proxecto ideado por Raquel Bolaño á fronte da Concellaría de Educación na súa anterior etapa como concelleira, une o edificio principal onde se sitúan as aulas dos ciclos de Educación Infantil e Primaria co pavillón polideportivo, e evita desta forma que os alumnos non teñan que saír ao exterior para pasar dun lado a outro. Agora co novo orzamento ampliarase a pasarela para abrigar aos escolares en varios traxectos que realicen polo exterior.
Dentro do capítulo de investimentos tamén se contempla realizar unha pasarela de abrigo no Centro de Saúde. Neste caso a pasarela contará con dous partes unha para dar abrigo aos veciños e veciñas que acudan ao centro de saúde desde o aparcadoiro e outra para cubrir desde a zona de aparcadoiro de ambulancias até a entrada de urxencias.
“A area de saúde ou sanidade tamén existe para nos, sinala Bolaño. Nos orzamentos establecemos un investimento que cremos necesario para o centro de saúde así como a previsión de levar a cabo varias iniciativas no que respecta a promoción da saúde”. Neste sentido o orzamento se especifica una partida de 11.000€ para a promoción da saúde por medio de diversos programas. “Se levaran a cabo iniciativas nun área abandonada ata o de agora”, destaca a concelleira.
En materia educativa se recupera o Plan de Mellora dos centros educativos. “Era un compromiso do pacto de goberno presentado ante a cidadanía e así o cumprimos”, indica Raquel Bolaño.
Ademáis ponse en marcha o un Plan de dotación de novas tecnoloxías para os centros educativos. “A educación e as novas técnicas de ensino pasan polas novas tecnoloxías é necesario que a educación de Sada non se quede atrás en educación tecnolóxica”
Por outro lado aumentanse as subvencions educativas para familias, aumentan un 50% as axudas para transporte escolar naqueles cursos non obrigatorios e se aumentan as axudas para material escolar, preto dun 17%.
“Ao final, sinala a concelleira de Educación,o que importan son as persoa. Se un goberno está por apostar pola educación pública isto tense que notar na súa previsión de gastos e investimentos. Son tempos difíciles, non o podemos olvidar, e o mellor que podemos deixarlles aos rapaces rapazas, á veciñanza de Sada é unha educación digna e a mellor sanidade posible.