-O xurado do Concurso Municipal Sada Lee 2016 elixiu os gañadores/as nas diferentes categorías do concurso. En primeira categoría a gañadora resultou Cecilia Rodríguez Suárez de 7 anos e na segunda categoría a gañadora foi Joahna A. Vicente Sánchez alumna de 3º Educación Primaria do CEIP Sada e Contornos.
-Esta foi a primeira edición desta actividade no Día Do Libro pero non será a última Sada Le, sinalou a concelleira de Educación, Raquel Bolaño, na entrega de premios “chegou para quedar, a iniciativa continuará ano tras ano crecendo, polo menos mentres eu sexa concelleira de educación"
- Trabajo Ganadora Categoría Centros Educativos
Sada, 22 xuño 2016.
A concelleira de Educación, Xuventude e Saúde, Raquel Bolaño, fixo entrega onte pola tarde dos premios do concurso Sada Le 2016 actividade que tivo lugar no Día do Libro.
Os nenos e nenas de Sada gozaron ese día dunha actividade de lecer organizada por Educación que xuntou a lectura cunha pequena procura de personaxes da literatura infantil e xuvenil como son Pinocho, Caperucita, Don Quixote e Dorothy.
O catro personaxes estiveron repartidos polas diferentes rúas de Sada con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. "Foi unha iniciativa, indica Bolaño, levada a cabo desde a Concellaría e os colexios e que reuniu nas rúas de Sada aos personaxes dos libros cos que se traballou anteriormente nos colexios".
A actividade mesturou unha pequena actividade de procura, que os máis pequenos puideron realizar cos seus pais e nais, e unha vez que atopaban os personaxes lían con eles e elas un fragmento da historia que representaban, facíanse un selfie ou expresaban que significa para eles a lectura.
Nos pasados días o xurado do Concurso Municipal Sada Le 2016 elixiu os gañadores/as nas diferentes categorías do concurso. En primeira categoría, correspondente a público en xeral, veciños e veciñas do concello, a gañadora resultou Cecilia Rodríguez Suárez de 7 anos.
A segunda categoría correspondente a público escolar, alumnado dos centros escolares municipais, a gañadora foi Joahna A. Vicente Sánchez alumna de 3º Educación Primaria do C.E.I.P. Sada e Contornos.
Onte pola tarde a concelleira de Educación, Mocidade e Saúde, Raquel Bolaño, entregou os premios as dúas gañadoras no marco da festa de fin de curso do CEIP Sada e Contornos xa que ambas son alumnas do centro.
Esta foi a primeira edición desta actividade no Día Do Libro pero non será a última Sada Lee, sinalou Raquel Bolaño, “chegou para quedar, a iniciativa continuará ano tras ano crecendo, polo menos mentres eu sexa concelleira de educación".