A Concellaría de Educación, Xuventude e Saude do Concello de Sada, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, informa que está aberto o prazo para solicitar as axudas do programa de Inmersión Lingüistica que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Destinatarios: Alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de Bacherelato. O prazo remata o 26 de abril.
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2016.
As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV do adxunto, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2016. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.