LISTAXE ADMITIDOS ESCOLAS DE VERÁN 2017
INFORMACIÓN DE PAGAMENTO ESCOLAS DE VERÁN
FOLLETO INFORMATIVO ESCOLAS DE VERÁN 2017
HOJA DE INSCRICIÓN ESCOLAS DE VERÁN 2017
INSCRICIÓN ONLINE ESCOLAS DE VERÁN 2017
-Este ano, como novidade, a concellería de Educación, Xuventude e Saúde inclúe o servizo de madrugadores de 08.00 a 09.00 horas nos dous centros escolares onde se levarán a cabo as actividades.
-Ademáis do seguro de responsabilidade civil, a concellería de Educación inclúe un seguro de accidentes para cada participante así como servizo de transporte ao colexio Pedro Barrié de Mondego.
- O investimento nas Escolas de Verán 2017 ascende a 22.110€.
Sada 9 de maio 2017
A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, está a levar a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do ocio e o tempo libre. Bolaño é consciente da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos e nenas poidan participar neste tipo de actividades. “As Escolas de Verán buscan permitir a conciliación pero sempre dende un enfoque de Verán e lúdico, onde os e as cativas rachen coa monotonía e a rutina propia do curso escolar. O verán debe ser para que os nenos e nenas den renda solta ao divertimento" subliña Raquel Bolaño.
O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses co obxectivo de facilitar aos rapaces e rapazas a participación en actividades educativas e de tempo libre.
A concellería de Educación oferta 250 prazas nas Escolas de Verán das que un 10% resérvanse para participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, e levaranse a cabo en dous centros de ensino do municipio atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 3 de xullo ao 11 de agosto. No C.E.I.P. Sada e Contornos participarán os participantes nados entre 2013 e 2011 e no C.E.I.P. Pedro Barrié de la Maza de Mondego os nados entre 2010 e 2005.
Os participantes disporán dun programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación dos rapaces. A temática das Escolas será multiactividade, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter pre-deportivo, musical, artístico, incluíndo xinkanas, contacontos, ou obradoiros.
A concellería de Educación inclúe o transporte de ida e volta para os participantes que lles correspondan as instalacións do CEIP Mondego, o material necesario para a actividade, un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de tempo libre, un seguro de accidentes para os participantes e atención sanitaria de primeiros auxilios e como novidade este ano o servizo de madrugadores, que inclúe almorzó, nas dúas instalacións dende as 08.00 até ás 09.00 horas debendo haber un mínimo de 10 solicitudes para a realización deste servizo.
“Este ano, sinala Bolaño, apostamos por aumentar servizos as familias dando a opción de madrugadores. O investimento para a conciliación aumenta e engadimos o seguro de accidentes ademáis do de responsabilidade civil para máis seguridade e tranquilidade das familias"
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os rapaces e rapazas nados entre os anos 2005 e 2013 (ambos inclusive). A presentación da solicitude poderá facerse vía presencial, a través de correo electrónico ou vía online.
Para realizar a inscrición vía presencial presentarase a solicitude de praza,descargable na web municipal, na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil). No caso de ralizala vía correo electrónico enviarase a solicitude de praza escaneada ao correo electrónico omixsada@gmail.com. E para a solicitude de praza Online realizarase a través dun formulario que se atopa na web do concello de Sada. O prazo de preinscrición remata o xoves 22 de maio.