-A concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, anuncia o prazo de inscrición para participar nun curso de "Alemán para viaxeiros" a partir do mércores 2 de marzo.
Sada, 18 febreiro 2016
Ademais das distintas actividades que veñen realizando desde a concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, anúnciase agora un curso de "Alemán para viaxeiros" que comezará a impartirse a principios do mes de marzo.
As persoas interesadas poderán realizar un curso “breve pero intenso de alemán para desenvolverse nas viaxes de cara ao verán, segundo indica a concelleira Bolaño, impartido por unha profesora nativa”.
A inscrición para o curso, que levará a cabo na OMIX os mércores de 10:30 a 12:30 horas durante catro meses, estará aberta desde hoxe até o 29 de febreiro na Oficina da Xuventude ou no correo omixsada@gmail.com , sendo o prezo do curso de 12€ ao mes. O mínimo de participantes para a realización do curso será de 8 alumnos