-“Se trata, sinala a concelleira socialista Raquel Bolaño, do compromiso adquirido por min coa comunidade escolar no relativo á continuación da pasarela-corredor, unindo neste caso as dúas portas de entrada por onde entran os escolares.”
- “A inversión inicial no centro, indica Bolaño, vese duplicada, xa que aproveitamos para acometer unha segunda obra, que complementa á primeira, e que ten que ver coa renovación e modernización os sistemas de canalizacións de pluviais, obra necesaria e de prevención ante calquera incidencia futura, xa que o colexio xa ten uns anos sendo preciso a reposición e renovación de elementos. Unha obra menos visible pero moi necesaria”
Sada 17 xaneiro 2017
A concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, esta a levar a cabo dúas obras complementarias no Colexio Pedro Barrié de la Maza en Sada. Nun primeiro momento a concellería redactou e licitou o proxecto de execución dun soportal-marquesiña para continuar a primeira fase xestionada hai uns anos a instancias da concelleira actual de Educación e paralelamente se está a realizar a canalización de pluviais no colexio que supon a reposición de elementos necesarios e a modernización dun edificio que xa ten moitos anos.
O colexio Pedro Barrié da maza de Mondego sufriu varias reformas nos anos oitenta e noventa. Na última reforma, xestionada por Bolaño e executada no 2012, construíuse un corredor cuberto que une a entrada ás portas 2-A e 2-B co Polideportivo, para crear unha zona segura e conseguindo a protección fronte aos axentes atmosféricos dos usuarios do complexo educativo nos traslados entre o edificio docente e o pavillón deportivo.
Desde entón non se realizou máis reformas no referente á cubrición dos espazos por onde transcurren os nenos e nenas para entrar o sair do colexio, o das aulas aos diferentes espazos de utilización dos escolares. A problemática é a inexistencia dun espazo cuberto nos que os nenos e os seus proxenitores poidan entrar no centro educativo sen estar á intemperie, e completar así o percorrido peonil cuberto desde as primeiras portas de entrada até o pavillón deportivo.
“Se trata, sinala Bolaño, do compromiso adquirido por min coa comunidade escolar e que consiste na continuación da pasarela-corredor, unindo neste caso as dúas portas de entrada por onde entran os escolares.”
Por iso agora está a instalarse a prolongación da marquesiña executada na reforma anterior até a cubrición completa do soportal da entrada principal. Posto que a nova marquesiña é continuación da marquesiña actual o deseño é igual ao existente tanto en materiais, cores como sistema estrutural e construtivo, para que así o resultado final sexa o dun único elemento envolvente que permita transitar por el protexidos das inclemencias atmosféricas. Facilitando deste xeito que tanto os nenos como os seus pais poidan acceder e esperar a cuberto dos fenómenos climatolóxicos.
“Este proxecto é a continuación do inicial, sinala Bolaño, que xa foi unha aposta no seu momento cando eu ocupaba o cargo de concelleira de Educación. Neste caso se trata dunha segunda fase e a continuación do xa feito . A aposta polos centros públicos sempre require de investimento e melloras que teñan unha certa durabilidade. A Educación non é un gasto é un investimento a medio-longo prazo.”
A estrutura de cuberta proxectada diferénciase claramente en dúas tipoloxías,debido á diferenza de luces a cubrir. Por un lado realizase unha marquesiña desde o punto onde remata a estrutura existente. E por outro lado un soportal , cubrindo a escalinata de acceso principal ao edificio docente.
“A obra supera os 12.000 euros, destaca Raquel Bolaño, que neste caso mellorarán o acceso peonil no CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego, permitindo que alumnado, profesorado e familias podan estar nun espazo resgardados da climatoloxía”
Por outra banda estase a facer paralelamente a canalización de pluviais e que supon a reposición de elementos necesarios e a modernización dun edificio que xa ten uns anos.
“A inversión inicial no centro, vese duplicada, xa que aproveitamos para acometer unha segunda obra que complementa á primeira e que ten que ver coa renovación e modernización os sistemas de canalizacións de pluviais, obra necesaria e de prevención ante calquera incidencia futura, xa que o colexio xa ten uns anos sendo preciso a reposición e renovación de elementos. Unha obra menos visible pero moi necesaria”
Neste sentido cando se realizou o proxecto da continuación da pasarela o técnico do Concello de Sada indicou a conveniencia de realizar as obras de sustitución das tuberías de auga ao estar estas “mois antigas de ferro fortemente debilitado polo oxido”. Asi mesmo o informe sinalaba a necesidade de realizar una solera para nivelar a superficie das pendentes e deste xeito manter seca a plataforma baixo a marquesiña.
Desde a concellería de Educación se licitaron as duas obras para realizar ao mesmo tempo, dado que non tería sentido ter que executar a segunda una vez realizada a marquesiña xa que a obra sería máis complicada e máis costosa. “Ambas obras, sinala Bolaño, iniciáronse nas vacacións de Nadal para afectar o menos posible ao funcionamento normal do centro, e estarán rematadas antes de fin de mes como moito”.
A inversión da concellería no colexio Pedro Barrié de la Maza polas dúas obras ronda os 30.000€.