El Ayuntamiento de Sada inicia las obras de reurbanización de la Avenida Párroco Villanueva con una inversión de 340.000?

22 / MAI / 2024

El Ayuntamiento de Sada inicia las obras de reurbanización de la Avenida Párroco Villanueva con una inversión de 340.000?

“Estamos a falar dunha das vías centrais das nosa vila, polo que a súa mellora non só redundará na veciñanza da zona, senón do conxunto de sadenses que necesitan empregala xa sexa en vehículo ou a pé”, remarcou o alcalde, Benito Portela. Estas obras terán un prazo de execución de 5 meses

Esta semana o Concello de Sada iniciou as obras de reurbanización e mellora da Avenida Párroco Villanueva entre a Avenida Barrie de la Maza e Sadadarriba. A calzada desta avenida correspóndese coa estrada DP-7506. Con esta actuación o goberno local busca a mellora de toda zona dende o punto de vista da mobilidade peonil e de vehículos, pero tamén procura a continuidade da trama urbana e a estética urbanística. As obras servirán tamén para mellorar a rúa Eduardo Blanco Amor.

A execución das obras traerá consigo unha mellora notable do estado das beirarrúas, co obxectivo de facilitar o tránsito peonil nunha avenida xa de por si complicada ao tratarse dunha costa bastante pronunciada. Ademais, como en todas as obras desta envergadura, executaranse melloras nos servizos municipais básicos de abastecemento de auga e de saneamento e pluviais. Do mesmo modo renovarase a rede de alumeado público.

Mención especial merece a parte superior da rúa onde se atopa o cruceiro, que se pretende pór en valor. Proxéctase que o pavimento nese ámbito sexa de formigón gris sobreelevado. O cruceiro estará rodeado dunha franxa de empedrado. Desde as tres esquinas deste empedrado partirán tres bandas que dirixirán a mirada do transeúnte ao cruceiro, ademais de actuar como banda redutora de velocidade.

O conxunto dos traballos executaranse nun prazo de cinco meses dende a data de inicio das obras logo dun investimento estimado en 336.440 euros.

Dende o Concello de Sada agradecemos a colaboración por parte da veciñanza, especialmente a que reside nesta avenida, durante o tempo que estas obras estean en execución e avanzamos desculpas polos inconvenientes que poden xurdir no día a día ata que rematen.

Arquivado en