O 10 de abril tiña lugar na Coruña a rolda de prensa na que se presentaba un proxecto cheo de música, arte e igualdade, o 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, Elas son Artistas #ESA, un proxecto multidisciplinar no que sector público e privado danse a man co obxectivo de dar voz ás mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes, cuxa presencia non sempre é tan visible como debese pero que son parte fundamental do éxito do resultado final do traballo do que forman parte.
Este festival multidisciplinar, organizado por Elas son Artistas #ESA, conta coa implicación de diversos xestores culturais, asociacións sen ánimo de lucro, asociacións culturais como ESPERTO e empresas relacionadas coa música, ademais dos concellos da Coruña, Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada que se involucraron no proxecto de forma activa.
CARTEL
O festival terá lugar entre os días 31 de maio e 6 de xuño e as súas actividades terán lugar en diferentes espazos situados na Coruña, Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. A organización pon a disposición dos asistentes un servizo de autobuses que permitirá o desprazamento a cada un dos eventos programados nos distintos concellos.
1ª Xornada - A Coruña
Pazo de Mariñan - Xornada para profesionais para a creación dun manual de boas prácticas non sector, na que se tratarán temas como a conciliación familiar, acosos, discriminacións, etc.
Bâba Bar - Aldaolado
Jazz Filloa - Billy Holiday Song´s Book
2ª Xornada - Arteixo/A Coruña
Arteixo - Concerto Femininoplural (Evento Gratuíto)
A Coruña - Teatro Colón - Ele
A Coruña - Sala Mardi Gras - Artista por confirmar
3ª Xornada ? Betanzos/ Sada / Oleiros
Betanzos - Blues do País - Sesión Vermú
Betanzos - Obradoiros de Pintura
Sada - Paseo Marítimo - Concerto Nastasia Zürcher (Evento Gratuíto)
Oleiros - Berta Bitersweet
4ª Xornada - Cambre / Culleredo / A Coruña
Cambre - Auditorio Parque dá Igrexia - As Antonias
Culleredo - Conservatorio de Música - Turma Caipira
A Coruña - Sala Garufa - A Panadaría
5ª Xornada - A Coruña
Sala Mardi Gras - Carla Green & Exit + Rebeca Lane
ABONOS
Os abonos e entradas de día poranse á venda o 20 de abril a través de Ataquilla. com. A partir desa data poderanse adquirir as entradas (para os eventos de pago) en diversas modalidades que van desde o abono completo incluíndo os traslados aos diversos eventos, como entradas de día ou para os diferentes eventos de maneira individual.