O municipio de Sada está integrado na área de acción do proxecto 'Empoderamento da muller con cancro de mama' do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais:
- Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestio?n da sau?de por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama.
- Presentar ferramentas que faciliten unha sau?de de calidade e prevencio?n das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos.
- Participacio?n da doente con cancro na poli?tica sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial.
- Propon?er iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadani?a ao sistema pu?blico de sau?de.
Neste proxecto enmárcanse tamén accións educativas dirixidas a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrarán nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal, e un Plan de Divulgación.
O proxecto desenvolverá varias reunións, as que están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel.