- O Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego, organiza ademáis o xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, unha charla informativa referente ao emprego e aplicación de produtos fitosanitarios que impartirá Francisco Otero Otero, Enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
- O obxectivo da sesión informativa é dar a coñecer as ferramentas de busca de emprego, recursos para ás persoas emprendedoras, desempregadas e estudantes e redes de información europea da Comisión Europea.
Sada 10 de maio 2016.
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), dependente da concellería de Urbanismo e Emprego, xestionada por Francisco Montouto, realiza unha sesión informativa baixo o título “Ferramentas de mobilidade na Unión Europea”, o vindeiro venres 13 de maio as 9:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns con motivo da celebración hoxe do día de Europa e do 30 aniversario da adhesión de España á Unión Europea (1986-2016).
O obxectivo é dar a coñecer as ferramentas de busca de emprego, recursos para ás persoas emprendedoras, desempregadas e estudantes e redes de información europea da Comisión Europea. Nas xornadas colaboran Europe Direct A Coruña, coa presenza de Mª Cristina Couto Palla, Técnica de Asuntos Europeos, e a Rede EURES con Covadonga López López, Conselleira da Rede Eures en A Coruña.
Aplicación de Fitosanitarios
Os agricultores/as, persoal auxiliar de empresas e explotacións agrarias adicadas á aplicación de produtos fitosanitarios e o persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitarios, deben estar en posesión dun carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios, que acredite coñecementos apropiados para exercer a súa actividade.
Por este motivo, o Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego, organiza o xoves 12 de maio ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello, unha charla informativa referente ao emprego e aplicación de produtos fitosanitarios que impartirá Francisco Otero Otero, Enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
No encontro falarase de temas tan relevantes e actuais como a normativa vixente e informarase sobre os diferentes tratamentos: insecticidas, herbicidas, funxicidas, etc.