Emprego de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio organiza formación específica de Carretilleiro/a e Escaparatismo

22 / MAR / 2017

Emprego de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio organiza formación específica de Carretilleiro/a e Escaparatismo

A concellería de Emprego do Concello de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña organiza formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 125 horas.

Cartel da formación

Persoas beneficiarias: persoas menores de 30 anos en situación desemprego do Concello de Sada. No caso de que non estean inscritos/as, deberán inscribirse no Programa de Garantía Xuvenil. 

O PICE vai desenvolver tres accións. Unha troncal en empregabilidade para a busca de emprego, 65 h. E dúas de formación específica de 60 h. cada unha, das que se ten que elixir unha.

Formación común: Para poder acceder á formación específica é necesario asistir á formación común (Habilidades persoais, para a empregabilidade, sociais e internet). Impartirase do 30 de marzo ao 28 de abril (excepto Semana Santa), de 9:00 a 14:00 h. na Aula Cemit.

Formación específica: A elixir Carretilleiro/a ou Tenda e Escaparatismo. Impartirase en horario de mañá, ao rematar a formación común.

Inscrición ata o 29 de marzo ás 14:00 h na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aportando fotocopia do NIF e curriculum vitae.

FORMULARIO

Arquivado en