Emprego organiza duas accións formativas gratuitas relacionadas coa manipulación de alimentos

10 / ABR / 2017

Emprego organiza duas accións formativas gratuitas relacionadas coa manipulación de alimentos

O Concello de Sada organiza dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), dúas accións formativas. Por un lado o Curso de Manipulación de Alimentos, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís e coa hostalaría e a alimentación en xeral.

O  obxectivo que se pretende coa organización deste curso é acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010)que está vixente na actualidade.

Dentro da formación que obterán no curso os alumnos e alumnas, coñecerán e tomarán conciencia dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos, coñecerán as causas que provocan intoxicacións alimentarias, aprenderán a aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos, realizarán unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalación, adquirirán os coñecementos básicos do Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e das Guías de Prácticas correctas de Hixiene (GPCH) a aplicar na área específica de traballo e cumprirán e coñecerán a lexislación sanitaria vixente referente aos manipuladores de alimentos.

O curso gratuito, íntegramente subvencionado pola concellería de Urbanismo e Emprego, terá lugar o mércores 3 de maio de 10:00 a 13:00 horas nos baixos do local da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) cunha duración de 3 horas.

A outra acción formativa que organiza a concellería de Urbanismo e Emprego e o Certificado de Manipulador de alimentos con carácter permanente.

Trátase de formación para a implantación do Regulamento (UE) Nº 1169/2011 sobre declaración de alérxenos, de interese para as persoas que traballen no sector da alimentación de Sada (restaurantes, peixerías, panadarías, carnicerías…) coñezan este novo requisito legal, as súas esixencias e o modo de levar a cabo unha adecuada implantación.

Coa aprobación do Regulamento UE- nº 1169/2011, búscase igualar en dereitos ás persoas alérxicas e intolerantes, ao resto. Mediante a nova regulamentación preténdese facilitar a información dos alimentos con alérxenos para que calquera cidadán saiba que pode comer ou que non pode comer, en igualdade de condicións que outra e sen ter que identificarse nin pedir trato especial.

Tal como está exposto no regulamento, a presenza non declarada dun alérxeno nun alimento, considérase un perigo alimentario comparable coa presenza dunha salmonela. Como consecuencia, e segundo a lei vixente, dunha mala praxe neste senso pódense derivar responsabilidades penais (prisión, multas e inhabilitacións para profesión, oficio, industria ou comercio, segundo os casos).

A acción formativa gratuita, tamén subvencionada íntegramente polo concello de Sada,  terá lugar o xoves 4 de maio de 09:00 a 13:30 horas nos baixos do local da OMIX.

Para realizar o curso ou cursos, os interesados e interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición premendo aquí. Ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 981.620.075

 

Arquivado en