Emprego organiza un curso gratuito de manipulador de alimentos

16 / NOV / 2016

Emprego organiza un curso gratuito de manipulador de alimentos

O Concello de Sada organiza a través da concellería de Urbanismo e Emprego e dentro do I Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), a seguinte acción formativa:

Curso de manipulación de alimentos:

Formación básica en manipulación de alimentos para persoal de hostalería, coidadores de residencias, garderías.

O obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010)que está vixente na actualidade, e para:

· Dotar ás persoas asistentes dos coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos.

· Adquirir os coñecementos sobre perigos alimentarios e as medidas preventivas para o seu control.

· Coñecer as principais enfermidades de orixe alimentario, axentes causais, veículos de transmisión, factores limitantes, cadro clínico e medidas de prevención

Contidos:

1. Introdución.

2. Toxiinfeccións alimenticias de orixe bacteriano.

3. Manipulación de alimentos. Condicións xerais.

4. Medidas de hixiene no/a manipulador/a de alimentos.

5. Sistema de autocontrol. Sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.

6. Condicións específicas de manipulación. Lexislación aplicable

Data e hora: mércores 30 de novembro de 2016 de 10:00 a 13:00 horas

Lugar: sala de conferencias da OMIX, Pz. da Pescadería, s/n

Duración: 3 h.

Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello

Prazas: 30 (por orde de inscrición, aínda que terán preferencia as persoas inscritas que quedaron sen realizar o curso de maio)

Certificado de manipulador de alimentos con carácter permanente.

Para realizar o curso, só tes que cubrir o seguinte formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/v8fgZDpunwP4JVzk2

Ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 981.620.075 ext. 259, 260

Data límite para inscribirse: o 25/11/2016

Arquivado en