A concellería de Cultura, Turismo e Comercio organiza o sorteos que acompañarán á Campaña de promoción das compras no comercio local «San Valentín en Sada», que comezará o día 6 de febreiro e rematará o 14 de febreiro de 2023, día de San Valentín.
Bases sorteos campaña Namórate mercando en Sada
INSCRICIÓN CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DAS COMPRAS NO COMERCIO LOCAL - SAN VALENTÍN EN SADA 2023
QUEN PODE PARTICIPAR? COMO ME INSCRIBO?
PÚBLICO:
Pode participar calquera persoa maior de 15 anos que realice as súas compras nos comercios sadenses adheridos á campaña, sen necesidade de inscrición previa de ningún tipo. Con cada compra de importe superior aos 5€ recibirán unha tarxeta de felicitación.
O seu papel será o de “namoradas do comercio sadense”, que tratarán de ser correspondidas cunha cea romántica.
COMERCIOS:
Poderá participar calquera establecemento comercial con sede en Sada. No seu caso deberán inscribirse previamente, facéndonos chegar o formulario de inscrición para comercios (ANEXO) a través do Rexistro Municipal, ben sexa de forma telemática (sede.sada.gal) ou de forma presencial (Av. da Mariña 25, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00) 1.
Prazo de inscrición: dende a publicación destas bases ata o 3 de febreiro. Folla de inscrición
O seu papel consistirá en difundir a campaña e entregar á súa clientela tarxetas de felicitación do San Valentín por cada compra de valor superior aos 5€. Cada tarxeta terá un número de participación para os sorteos. Os comerciantes serán os “celestinos” entre as persoas participantes e os premios da campaña.
HOSTALARÍA:
Os establecementos de hostalería con sede no Concello de Sada poderán inscribirse na campaña. Igual que no caso dos comercios, deben inscribirse previamente facéndonos chegar o formulario de inscrición para comercios a través do Rexistro Municipal, ben sexa de forma telemática (sede.sada.gal) ou de forma presencial (Av. da Mariña 25, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00) .
Prazo de inscrición: dende a publicación destas bases ata o 10 de febreiro.
O seu papel será o de ofrecer unha “inesquecible cea romántica” para as persoas agraciadas nos sorteos.
CALES SON OS PREMIOS?
A campaña Namórate mercando en Sada inclúe os seguintes premios:
- Ante todo... a satisfacción de mercar no comercio de proximidade e a ilusión de participar do San Valentín.
- 3 ceas valoradas en 100€ cada unha.
- As persoas premiadas escollerán o establecemento de hostalaría no que desexan degustar o seu premio, de entre os establecementos que se inscriban na campaña.
COMO FUNCIONA ESTA PROMOCIÓN?
O Concello de Sada difundirá a través dos seus medios (web/rrss/pantallas de rúa) a listaxe de comercios participante na campaña.
A campaña comezará o luns 6 de febreiro. A partir desta data as persoas que se acheguen a mercar nos comercios inscritos recibirán coa súa compra unha amorosa tarxeta de felicitación do San Valentín.
Cada tarxeta conterá un número de participación para o sorteo do día 14 de febreiro.
O propio día de San Valentín pola tarde realizaremos un sorteo público que será retransmitido en directo polo perfil de facebook do Concello de Sada (www.facebook.com/concellosada). Os números premiados anunciaranse na web municipal (www.sada.gal) e nos perfís municipais en redes sociais.
Extraeremos e anunciaremos 3 números que corresponderán con números de 3 tarxetas de felicitación. As persoas que posúan algunha das tarxetas premiadas deberán contactar coa Concellería de Cultura, Comercio e Turismo (cultura@sada.gal) para reclamar o seu premio.
As persoas premiadas poderán escoller o establecemento de hostalaría no que queren gozar da súa cea, de entre os inscritos na campaña.
PUBLICIDADE E DIFUSIÓN DA CAMPAÑA
O Concello de Sada realizará unha campaña de promoción que incluirá a difusión dos establecementos comerciais participantes. Na campaña incidirase no interese xeral de realizar as compras de proximidade e da importancia de manter un comercio local vital, para encher de vida a nosa vila.
OUTRAS CONDICIÓNS
FISCALIDADE:
Os importes correspondentes aos premios poderían estar suxeitos a retencións fiscais, polo que se tomarán as medidas seguintes:
- PERSOAS PREMIADAS: o premio imputarase a efectos fiscais entre as persoas beneficiarias. A estes efectos, para a xestión dos premios recolleranse os datos das persoas gañadoras.
- MENORES DE IDADE: no caso de persoas menores de idade que resulten premiadas, deberán presentar o seu DNI para a tramitación do premio, previo consentimento das persoas titulares da patria potestade ou da súa tutela. O tratamento dos datos de carácter persoal requirirá do consentimento expreso das premiadas.