Os concellos de Sada e Cambre uníronse por primeira vez nun obradoiro que favoreceu o desenvolvemento económico e social do seu territorio.
No acto de clausura entregaron os diplomas aos asistentes José Alfonso Marnotes González, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Óscar García Patiño, alcalde de Cambre, e Benito Portela Fernández, alcalde de Sada.
O alcalde de Sada destacou a calidade do obradoiro e sinalou que "son os cartos que mellor se poden investir desde as administracións públicas" en talleres como o clausurado hoxe.
Declaracións do alcalde de Sada, Benito Portela
Sada 1 de marzo 2016.
O pasado 1 de setembro de 2015 inaugurábase o obradoiro Cambre-Sada de Atención Sociosanitaria na instalación do Centro Municipal de Formación en Cambre. No acto, a delegada provincial da Coruña, xunto cos acaldes dos dous municipios e os responsables de desenvolvemento local daban a benvida aos participantes a animábanos a afrontar esta etapa con “animo e esforzó”.
Hoxe, seis meses despois, celebrouse a clausúra do taller e a entrega dos diplomas aos asistentes ao mesmo. No acto estiveron presentes José Alfonso Marnotes González, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia; Óscar García Patiño, alcalde de Cambre; Benito Portela Fernández, alcalde de Sada; Dolores García Fernández, concelleira de Desenvolvemento Socioeconómico do concello de Cambre e Francisco Montouto, concelleiro de Urbanismo e Emprego do concello de Sada.
A posta en marcha destes talleres de emprego en atención sociosanitaria de persoas dependentes en institucións sociais, está a beneficiar claramente o nivel de inserción laboral dos seus participantes xa que, dentro da desfavorecida situación económica actual, é unha das ocupacións con demanda laboral debido a varios factores entre os que se atopan o envellecemento da poboación, o desenvolvemento da lei 39/2006 de 14 de decembro de dependencia e a incorporación da muller no marcado laboral.
De feito, a día de hoxe cinco das persoas que realizaron este taller están empregadas e cóntase con que nos próximos meses poida contratarse a mais asistentes ao curso.
O taller formou durante 960 horas, seis meses, a 22 despedidos, dous homes e vinte mulleres, nos contidos da especialidade da familia profesional dos servizos socioculturais e á comunidade; Atención Sociosanitaria ás persoas dependentes en institucións sociais.
O equipo docente de apoio estivo integrado por seis persoas: unha directora, catro docentes e unha auxiliar administrativa. O equipo encargouse de coordinar, organizar e impartir a formación teórica, realizar o seguimento do traballo práctico e procurar a inserción laboral dos participantes así como garantir o seu bo funcionamento.
O obxectivo fundamental deste proxecto foi a dotar ao alumnado traballador dunha formación teórica e a experiencia laboral necesaria para garantir o acceso ao mundo laboral nunhas condicións idóneas.
Neste proxecto tivo unha parte práctica que se desenvolveu en cinco centros. A Residencia García Irmáns, de Betanzos; a Residencia Asistida PAI MENNI, Irmás Hospitalarias del Sacro Corazón de Jesús, De Betanzos; a Institución Benéfico Social Pai Rubinos, da Coruña; ASPACE (Asociación de Pais de persoas con Parálise Cerebral), de Sada e ASPRONAGA (Asociación Prol Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) en Oleiros.