09 / FEB / 2023
A Concellería de Cultura, Turismo e Comercio, organiza o Entroido 2023 con actividades para todas as idades. Desde a festa Infantil ate a XXXVII edición da Festa da Filloa, pasando por pasarrúas,, cine infantil e un gran desfile de entroido coa participación estelar dos Caretos de Podence de Portugal (manifestación do Entroido declarada Patrimonio Cultural da Humanidade) e cunha representación do "Carnaval de Tenerife", a cargo da comparsa «Los Joroperos», a máis premiada na historia do "carnaval canario".
SÁBADO 18 FEBREIRO
FESTA INFANTIL
- 17:00 – 20:00h: Carpa do Entroido (praza detrás de A Terraza).
- Organizarase unha festa infantil de disfraces, baixo a carpa que se instalará na praza situada detrás do edificio A Terraza. Ofrecerase un espazo con diferentes opcións lúdicas: zona de inchables, zona de obradoiros e xogos, área de bebés.
- As persoas que acudan como acompañantes dos participantes deberán agardar fóra da zona de xogos.
DOMINGO 19 FEBREIRO
XXXVII FESTA DA FILLOA:
- 12:00 – 20:00h. Carpa do Entroido.
- A carpa do Entroido acollerá a celebración da Festa da Filloa, coa elaboración de filloas a cargo das Filloeiras que organizan a Festa da Filloa de Muimenta (Festa de Interese Turístico de Galicia).
- Elaboraranse filloas e distribuiranse ao público asistente dende as 12:00 ata as 20:00h.
- A festa contará tamén cun posto de distribución de café, mel, anís e chocolate.
- A animación musical correrá a cargo da charanga DGT a Agrupación Queiroa e Nova Troula
MARTES 21 FEBREIRO
PASARRÚAS
- 17:00 a 19:00h. Pasarrúas a cargo da Charanga DGT (rúas do centro urbano).
ESPECTÁCULO CIRCENSE
- 17:00h. Espectáculo Circense nos Xardíns do paseo marítimo, a carón da carpa do Entroido. A compañía «Circus Magníficus» ofrecerá un espectáculo para público familiar, que combina teatro, acrobacias, malabares, clown e moitas moitas risas.
CINE INFANTIL
- 19:00h. Cine na Carpa do Entroido. Sesión de cine coa proxección da película «RÍO». Entrada libre e gratuíta.
SÁBADO 25 FEBREIRO
DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES:
- 17:00 – 19:00h. aprox. Desfile de disfraces polas rúas de Sada, cun percorrido que será anunciado proximamente.
- O Concurso organízase mediante sistema inscrición previa a través do formulario dispoñible na páxina web municipal, con diferentes categorías (mini, grupal, carrozas).
- O punto de convocatoria será o espazo público que rodea a Casa da Cultura Pintor Lloréns. A da vía de acceso para vehículos pecharase ao tráfico, para dispoñer dun espazo amplo no que organizar a comitiva.
- Inicio: 17:00 h. dende o entorno da Casa da Cultura Pintor Lloréns.
- O desfile contará coa participación estelar dos Caretos de Podence de Portugal (manifestación do Entroido declarada Patrimonio Cultural da Humanidade) e con unha representación do Carnaval de Tenerife, a cargo da comparsa «Los Joroperos», máis premiada na historia deste carnaval.
- O desfile terminará na carpa do Entroido aproximadamente ás 19:30h., coa entrega dos premios por categorías.
ESPECTÁCULO "CARNAVAL DE TENERIFE" CON «LOS JOROPEROS»
- 20:00h. no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns.
- Imprescindible: acceso con entrada: retirada de entradas/invitacións a partir do luns 13 de febreiro na OMIX de Sada (9:00 – 14:00h. e 16:00 – 18:00h.).
- A comparsa «Los Joroperos» é a perfecta embaixadora do Carnaval de Tenerife. Grazas ao seu talento e creatividade son a comparsa que gañou en máis ocasións o primeiro premio en categorías como mellor vestiario e ritmo e harmonía.
- No auditorio municipal da Casa da Cultura ofrecerán o espectáculo co que participaron na edición 2023 do Carnaval de Tenerife.
QUEIMA DA SARDIÑA
- 20:00h. a Sardiña coa súa comitiva fúnebre sairá dende a carpa do Entroido a ritmo da música de charanga. O público acompañante desprazarase ata o Areal das Delicias, a carón da desembocadura do río Maior.
- 20:30h. Queimarase a Sardiña do Entroido na praia das Delicias, acompañada dun pequeno espectáculo de pirotecnia para despedir con luz e alegría o Entroido ata a vindeira edición.
CARTEL DE ENTROIDO SADA 2023 : ILUSTRACIÓN REALIZADA POR CARMEN CASTELO MONTEAGUDO. ALUMNA DE DEBUXO ARTÍSTICO NO IES ISAAC DÍAZ PARDO