Avenida do Porto s/n - 15160- Sada
PECHADO TEMPORALMENTE
O Museo de Arte Contemporánea 'Carlos Maside' xorde en 1970 ante a necesidade de recoller a obra e a documentación dos artistas da xeración dos anos trinta, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuño da creación artística contemporánea galega. O museo atópase nun complexo arquitectónico que acolle ademais a fábrica de Cerámicas O Castro, un edificio destinado a mostra de cerámica, libraría, e unha sala de exposicións temporais; o máis característico é o edificio do museo, formado por módulos hexagonales distribuídos ao redor dun módulo central.
A exposición repártese no tres plantas do edificio. Exponse as obras de Castelao, xerme do Movemento Renovador, e obras doutros artistas como Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto etc; e dos Renovadores, con obras de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Luís Seoane. Xunto a eles atópanse as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano Lugrís. Poden contemplarse nesta mesma planta obras de artistas de Vangarda como os pertencentes ao grupo Atlántica. Finalmente, a última planta está dedicada ao debuxo humorístico.
Castro de Samoedo 15160 Sada