Escola municipal de música

O Concello de Sada, no seu empeño por ofrecer aos cidadáns e cidadás unha oferta variada de servizos, creou a Escola Municipal de Música. Con esta medida proporcionábase unha satisfacción á demanda existente en Sada en relación coa música, todo iso segundo uns principios de flexibilidade pedagóxica, de diversidade instrumental e de calidade, para ter a seguridade de que se cumpran adecuadamente os obxectivos que se formulan.

A Escola proxéctase cara ao exterior a través das actividades e os concertos que xeran tanto as súas agrupacións instrumentais e vocais como as intervencións individuais dos seus alumnos nestas, constituíndose así un foco difusor da cultura musical na vila. O ensino na Escola Municipal de Música ten unha dupla vertente: por unha banda a formación de carácter "amateur", e por outra, a de orientar a aquel alumnado que pola súa especial vocación e actitudes poida acceder a un ensino profesional nos Conservatorios Profesionais e Superiores de Música.

Sendo o obxectivo principal do Proxecto Pedagóxico que actualmente se desenvolve na Escola Municipal de Música, o de facilitar aos/ás sadenses o poder desenvolver as súas inquietudes e afeccións musicais.

Obxectivos da Escola Municipal de Música:

Listaxe de cursos

 

 

Localización e contacto

Avenida do Porto s/n - 15160 (Sada)

Como chegar