BASES QUE REXEN O PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACION NA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE SADA. CURSO 2023-2024
PRAZO EXTRAORDINARIO DE SOLICITUDE DE MATRICULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. CURSO 2023-2024
IMPRESO PLAZO EXTRAORDINARIO NOVO ALUMNADO CURSO 2023-2024
PROPOSTA CONCELLERÍA DE CULTURA
O pasado día 20 de agosto deu por finalizado o prazo de pagamento do alumnado de NOVO INGRESO. Unha vez comprobada e acreditada toda a documentación presentada polo alumnado que obtivo praza (NOVO INGRESO e RENOVACIÓN) para participar na Escola Municipal de Música no curso 2023-2024 e realizadas as correspondentes listaxes de admitidos, comprobase que non existe listaxe de agarda pero sí prazas vacantes nalgunha das especialidades ofertadas na Escola.
A concellería de Cultura considera apropiado abrir un prazo extraordinario de solicitude de matricula para cubrir esas prazas vacantes que non se cubriron no periodo ordinario de matriculación.
As prazas e especialidades dispoñibles que se ofertan para as familias interesadas en solicitar praza na Escola Municipal de Música neste periodo extraordinario son:
- 8 prazas de Música e Movemento para solicitantes de 5 e 6 anos.
- 5 prazas de Vento Metal (Trompeta, Trompa, Tuba, Bombardino, Trombón) para solicitantes a partir de 8 anos.
O periodo extraordinario de matrícula que abrangue dende o 25 de agosto ao 4 de setembro (ambos inclusive) e un posterior periodo de pagamento, no caso de obter praza, que irá do11 ao 17 de setembro (ambos inclusive).
HORARIOS CURSO 2023-2024
Listaxe provisional de alumnado admitido de NOVO INGRESO Escola Municipal de Música. Curso 23-24
RENOVACIÓN
Artigo 2º.-Presentación de solicitudes para o alumnado de RENOVACION de matrícula
- Do 10 ao 16 de xullo (as solicitudes presentadas antes o despois da data indicada non serán válidas)
- A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente no rexistro municipal de forma presencial ou a través da sede electrónica:
- O impreso de renovación de matrícula estará a disposición das familias na web municipal a partires do 1 de xullo
- O alumnado de renovación que non formalice a matrícula dentro do prazo establecido, causará baixa automáticamente para o curso 2023-2024.
- O alumnado que pertenza á Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberá cubrir necesariamente o impreso de matrícula, indicando na casilla correspondente a que formación pertence.
NOVO INGRESO
OFERTA DE PRAZAS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA EMM.
No caso de obter praza, o alumnado poderá formalizar o pagamento da matrícula do 14 ao 20 de agosto de 2023.
Listaxe provisional de alumnado admitido de NOVO INGRESO Escola Municipal de Música. Curso 23-24
- Do 26 ao 31 de xullo.
- A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente no rexistro municipal de forma presencial ou a través da sede electrónica:
- Oferta de prazas en cada unha das especialidades musicais para o alumnado de Novo Ingreso para o curso 2023-2024.
- 12 prazas de Música e movemento 1 (nenos e nenas 5 / 6anos )
- 3 prazas de Música e movemento 2 ( nenos e nenas 7 anos
- 6 prazas de Linguaxe Musical Adultos (a partir de 14 anos)
- 4 prazas de Canto adultos (a partir de 14 anos)
- 2 prazas de Frauta
- 2 prazas de Percusión
- 6 prazas de Vento – metal (trompeta / trompa/bombardino/trombón)
- 2 prazas de Corda (violín / viola)
O prazo para presentar as solicitudes no rexistro municipal será do 26 ao 31 de xullo (inclusive). O impreso de solicitude de praza poderá descargarse na paxina web municipal, recollerse no Rexistro Municipal ou Casa da Cultura e presentarse no rexistro municipal ben sexa presencialmente ou en sede electrónica.
O alumnado de novo ingreso deberá agardar á publicación da listaxe de admitidos e de agarda na web municipal unha vez finalice o prazo.
Artigo 4º.-Proceso de admisión
- Adxudicación directa para o alumnado de renovación de matricula que realice o pagamento no periodo establecido entre o 10 e o 16 de xullo. O alumnado deberá realizar o pago mediante CARTA DE PAGAMENTO que se poderá tramitar na oficina virtual tributaria do Concello
- O alumnado de novo ingreso deberá agardar á publicación da listaxe de admitidos e de agarda que será publicada na web municipal. De obter praza, o pagamento será do 14 ao 20 de agosto de igual forma que o alumnado de renovación.
- Os/as solicitantes que non obteñan praza, permaneceran en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir du-rante os tres primeiros meses do curso lectivo.
- Por razóns didácticas, non se admitirá novo alumnado dende o 1 de Xaneiro do 2024
- Os/as solicitantes que non obteñan praza nas suas especialidades instrumentais preferentes, poderán adxudicarselles prazas vacantes doutros instrumentos (mediante sorteo) ou poderán permanecer en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.
Artigo 5º.- Cotas de pagamento
As taxas por prestación dos servizos de ensino na escola municipal de música son os seguintes:
1.- Tarifa xeral.
Matrícula anual: 30 euros.
Cotas mensuais:
Música e Movemento/iniciación: 12 euros.
Música e Movemento/formación básica: 15 euros.
Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical: 30 euros.
Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical: 20 euros.
2.- Membros de familia numerosa de categoría xeral.
Matrícula anual: 20 euros.
Cotas mensuais:
Música e Movemento/iniciación:10 euros.
Música e Movemento/formación básica:12 euros.
Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical: 25 euros.
Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical:15 euros
3.- Membros de familia numerosa de categoría especial.
Matrícula anual: 15 euros.
Cotas mensuais:
Música e Movemento/iniciación: 8 euros.
Música e Movemento/formación básica: 10 euros.
Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical: 20 euros.
Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical: 12 euros
Habilítase o seguinte correo electrónico para as familias para aclaración de dúbidas en canto ao novo pagamento na Oficina Virtual Tributaria do concello de Sada.: recadacion@sada.gal
Artigo 6º.- Tramitación da baixa na escola de música
- O alumnado con praza que decida causar baixa no curso 2023-2024 deberá OBRIGATORIAMENTE tramitar a baixa no rexistro municipal tal e como fixo cando solicitou praza ao inicio do curso. No se considerará unha baixa formal a notificación verbal ao pro-fesorado que en ningún caso terá a responsabilidade de tramitar a renuncia do alumnado.
- A solicitude da baixa entre os días 1 e 15 (inclusive) de cada mes implica a renuncia do alumno/a no mes seguinte ao da tramitación da solicitude.
- A solicitude da baixa entre os días 16 e 31 (inclusive) de cada mes implica que o alumnado deberá OBRIGATORIAMENTE aboar o mes seguinte no que solicitou a baixa sendo a tramitación efectiva de baixa no mes posterior.
AVISO IMPORTANTE:
A finais de Xuño estará exposto no taboleiro de anuncios da Escola o horario dos grupos para o próximo curso 23/24 e os días nos que se impartirán as diferentes especialidades.
As clases comezan o luns 2 de Outubro.