Escola Municipal de Teatro Curso 2022-23

13 / SEP / 2022

Escola Municipal de Teatro Curso 2022-23

 A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.

Listaxe provisional de persoas con praza adxudicada e en listaxe de agarda da Escola Municipal de Teatro para o curso 2022-2023

 INFORMACIÓN PARA PAGAMENTO ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO CURSO 2022-2023

O pago do curso dividirase en dúas cuotas, quedando da seguinte forma:

Pago da 1ª cota (do 13 ao 20 de setembro) correspondente ao periodo outubro 2022-xaneiro 2023

  • Menores: 40€
  • Adultos: 48€

Pago da 2ª cota (do 13 ao 20 de xaneiro) correspondente ao periodo febreiro-xuño 2023.

  • Menores: 50€
  • Adultos: 60€

Descontos aplicables:

  • 50%: A alumnado integrante de Familias Numerosas (aportar copia do título de F.N.). Debe ser enviada unha copia dentro do periodo de pago a omixsada@gmail.com

O pago realizarase mediante carta de pagamento que poderá tramitarse:

Na Oficina virtual tributaria do Concello de Sada na sección Autoliquidar e pagar taxas: 

  • - Titular (DNI)
  • - Apartado: Que queres pagar? “ Escola de teatro e outras artes “
  • - 1ª cota: Menores ou maiores de 18 anos.
  • - No caso de familias numerosas elexir “con bonificación”
  • - Pagar: con tarxeta a través de pasarela de pago CECA
  • - Pagar: descargar documento de pago para levar á entidade bancaria

 

IMPORTANTE: Cada documento descargado xera un código de barras diferente para o pago na entidade bancaria, non é posible utilizalo máis dunha vez. A data 

 

INFORMACIÓN CURSO 2022-2023

DECRETO BASES EMT 2021-2022

FORMULARIO DE INSCRICIÓN EN LIÑA

 

 

Destinatarios/as.

A Escola de Teatro está dirixida a alumnado a partir de 8 anos.

Terán preferencia no acceso á praza o alumnado que estivera matriculado no curso 2021-2022 e finalizara satisfactoriamente todo o curso.

 

Temporalización e lugar de realización.

A programación da Escola de Teatro 2022-2023 comezará o martes 4 de outubro e finalizará o martes 13 de xuño de 2023.

Non haberá clases cando non sexa periodo lectivo nos centros escolares, coincidindo coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa, así como os días festivos locais, autonómicos ou nacionais

Ubicación da Escola de Teatro: Auditorio Casa da Cultura Pintor Lloréns

 

Preinscrición para participar na Escola de Teatro.

O alumnado deberá formalizar a solicitude de praza a través das seguintes vías:

FORMULARIO EN LIÑA

O prazo ordinario de preinscrición será:

Dende a súa publicación na web municipal www.sada.gal até o 11 de setembro.

O sorteo (en caso de máis solitudes que prazas) e a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda, será o 13 de setembro.

 

Formalización de matrícula.

A formalización definitiva da preinscrición para as persoas que teñan praza será mediante a presentación do xustificante de pagamento no prazo do 13 ao 20 de setembro (ambos inclusive)

Este pago realizarase mediante carta de pagamento que poderá tramitarse na oficina virtual tributaria do concello ou ben se facilitará nas dependencias de recadación (2ª andar).

No recibo de pagamento deberá figurar o nome e apelidos do solicitante. O xustificante de pagamento deberá ser enviado a omixsada@gmail.com dentro do prazo estipulado.

No caso de aplicar desconto no pagamento, deberase axuntar copia do documento que o acredite.

A non formalización da inscrición neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda.

Prazo extraordinario de pagamento para persoas en listaxe de agarda e novo alumnado solicitante: a partir do 21 de setembro e en calquera momento durante o curso escolar sempre que se dispoña de prazas vacantes e pedagóxicamente sexa posible a inclusión de máis alumnado en cada grupo.

 

Grupos e horarios.

Para que as actividades se poidan realizar terá que haber un mínimo de 7 solicitudes por grupo de idade ofertado no momento da preinscrición.

Ofértanse 2 grupos por idade:

  • Grupo infantil-xuvenil: de 8 a 15 anos (15 prazas). Martes de 16.30 a 18.30h
  • Grupo adultos: a partir de 16 anos (15 prazas). Martes de 19.30 a 21.30h

 

Prezos e períodos de pagamento.

Os prezos de aplicación para os/as participantes na Escola Municipal de Teatro, serán os que se establezan no informe de prezo público correspondente.

O pago do curso dividirase en dúas cuotas, quedando da seguinte forma:

Pago da 1ª cota (do 13 ao 20 de setembro) correspondente ao periodo outubro 2022-xaneiro 2023

Menores: 40€

Adultos: 48€

 

Pago da 2ª cota (do 13 ao 20 de xaneiro) correspondente ao periodo febreiro-xuño 2023.

Menores: 50€

Adultos: 60€

 

Descontos.

50%: A alumnado integrante de Familias Numerosas (aportar copia do título de F.N.).

Arquivado en