Alumnado do CEIP Sada e Contornos creará o sábado 17 de abril coas súas pinturas o Bosque dos Bosquexos nas árbores do parque infantil de As Brañas
Sada, 16 abril 2021.
Un aula de 5º e dous de 6º de primaria do CEIP Sada e Contornos foron os participantes da iniciativa da concellería de Xuventude e Participación Cidadá, “O Bosque dos Bosquexos” que busca, con motivo da inauguración do novo parque infantil das Brañas, fomentar a creación artística e plástica e promover a participación activa no entorno sociocomunitario. En total serán tres bosquexos que se trasladarán ás tres árbores centrais, as mais integradas no parque infantil, e que se plasmarán de forma cooperativa polo autor e dous compañeiros mais da súa clase nunha xornada de actividade programada e dirixida por un profesional do mundo das Belas Artes, quen guiará e coordinará o proceso.
Todos os materiais empregados para a pintura das árbores son respectuosos có medio ambiente aptos para a realización deste tipo de actividades. A pintura é ecolóxica con pigmentos naturais e base de látex có auga como único disolvente. A intervención que se realiza é cunha base de imprimación de cor branca e pintura de cores primarias.
A concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e TIC´s, Rebeca Mouriño, sinala que o “obxectivo deste proxecto é fomentar a creación artística mostrando a conexión entre o medio natural e a infancia e buscar a integración e o respecto entre ambos”. Mouriño subliña que estas accións “buscan a interacción entre nenas/os e natureza na procura dun futuro comprometido co noso entorno”.
A xornada de pintado de árbores, que parte dun proxecto presentado aos tres centros escolares de infantil e primaria do municipio, levarase a cabo durante a mañá do sábado 17 de abril no parque infantil de As Brañas. A actividade leva incluídos todos os materias necesarios para o seu desenvolvemento, así como a merenda das persoas participantes.
A coordinación e xestión da actividade correrá a cargo de Ramón García, licenciado en Belas Artes, quen axudará ás persoas participantes na súa labor e ademáis actuará na árbore situada no centro da nova zona ampliada para xogos de pelota.