Escolas de verán 2016

27 / MAI / 2016

Escolas de verán 2016

Actualizado a 27 de mayo 2016

"Prazo de inscrición do 16 ao 26 de maio (inclusive)".!!!!!!

- As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo en dous centros de ensino do municipio atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 27 de xuño ao 5 de agosto.

- A información sobre a convocatoria e inscripción desta campaña de verán atopase no área de Educación e Xuventude da web do concello, sada.gal. Ademais, as personas interesadas poden solicitar información ou o folleto da convocatoria na Oficina Municipal da Xuventude (OMIX), no teléfono 981620331, ou no e-mail omixsada@gmail.com

27-05-2016 - Resultado sorteo Escolas de Verán 2016

- 10-05-2016 - Bases da convocatoria das Escolas de Verán 2016

- 10-05-2016 - Folla de inscripción das Escolas de verán 2016

- 10-05-2016 - Precios establecidos para as Escolas de Verán 2016 

- PETICIÓN EXPRESA DE NON AUTORIZACIÓN DE IMAXES ESCOLAS DE VERÁN 2016

Sada, 10 maio 2016.

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, leva a cabo a organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do ocio e o tempo libre.

Bolaño e consciente “da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos e nenas do concello poidan participar neste tipo de actividades”, polo que convoca a oferta de Escolas de Verán 2016.

O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses co obxectivo de facilitarlle á mocidade a participación en actividades educativas e de tempo libre.

As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo en dous centros de ensino do municipio atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 27 de xuño ao 5 de agosto.

As escolas de verán terán lugar no CEIP Sada e Contornos para os nados entre 2012 e 2010 e no CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego para os nados entre 2009 e 2004, en total ofértanse un total de 250 prazas.

Na oferta da Escola de Verán 2016, os participantes disporán dun programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación das persoas apuntadas. A temática das Escolas será multiactividad, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter predeportivo, musical, artístico, incluindo ximkanas, contacontos ou obradoiros.

Os participantes das actividades no colexio de Mondego contarán con transporte de ida e volta para os participantes que así o soliciten. Ademais todos os participantes das actividades contarán co material necesario para a actividade, cun equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de tempo libre e con atención sanitaria de primeiros auxilios.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os rapaces e rapazas nados entre os anos 2004 e 2012 (ámbos inclusive). Terán prioridade na concesión das prazas aqueles/as participantes que estean empadroados no Concello de Sada antes do 1 de maio de 2016.

A información sobre a convocatoria e inscrición desta campaña de verán atopare no área de Educación e Xuventude da web municipal sada.gal. Ademais, as personas interesadas poden solicitar información ou o folleto da convocatoria na Oficina Municipal da Xuventude (OMIX), no teléfono 981620331, ou no e-mail omixsada@gmail.com

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde reserva un 10% destas prazas para participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos servizos técnicos.

O prezo establecido para as Escolas de Verán 2016 será de 60 €/participante/quincena para os que se apunten as actividades do colexio de Mondego, onde se inclúe o autobús. E de 50 €/participante/quincena para os participantes de calquer colexio sen bus.

A concellería de Educación e Xuventude aplicará diferentes descontos nas inscricións. Así os integrantes de familia numerosa obterán un 50% de desconto. Do mesmo xeito cando participen varios irmáns aplicarase un 20% de desconto sobre a cuota de cada un dos irmáns/ás sen ter porque estar no mesmo colexio. Tamén obterán desconto do 20% os apuntados no caso de que ámbolos dous proxenitores ou tutores da mesma unidade familiar se atopen en situación legal de desemprego, este último desconoó será compatible co desconto por irmáns.

O desconto aplicable no caso de familias monoparentais que se atopen en situación legal de desemprego será do 20% e tamén será compatible co desconto por irmáns.

Arquivado en