A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta Concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta de Escolas de Verán 2018. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses
Que facemos nos nosos campamentos? Aprendemos xogando, onde os nos@s nen@s son os vedadeir@s protagonistas. As propostas xiran arredor dos obradoiros de expresión artística e creatividade, actividades musicais e teatrais, iniciación ao deporte, xogos de equipo, ximkanas, etc...
24/05/2018 - Listaxe admitidos e de agarda Escolas de Verán 2018
24/05/2018 - Información pagamento Escolas de Verán
Bases de participación nas Escolas de Verán 2018
Folleto informativo con folla de inscrición
PARTICIPANTES:
Nen@s nados entre 2014-2012 (inclusive). XURELIÑOS
Nen@s nados entre 2011-2006 (inclusive). SARDIÑAS
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego)
DATAS E HORARIO:
(Luns a venres 09.00-14.00)
1ª Quenda: 2-13 xullo
2ª Quenda: 16-27 xullo (excepto 25 xullo)
O horario pode sufrir modificacións para os solicitantesde bus
COTAS XERAIS E DESCONTOS APLICABLES:
60€ (sin bus) por participante e quenda
70€ (con bus) por participante e quenda
20% por 2º irmán/á (aplicable aos dous)
20% Os dous proxenitores en desemprego
20% Familias monoparentais 40% Desemprego+Familia monoparental.
40% Desemprego + 2 irmán/á
50% Familia Numerosa
Haberá que aportar documentación que o xustifique
CALENDARIO PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN:
Preinscrición: do 7 ao 20 de maio (22.00h)
Sorteo público: 22 maio
Publicación listaxes: 24 maio na web municipal
ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE:
Na Oficina da Xuventude (de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00h)
1º Prazo: do 25 de maio ao 1 de xuño
2º Prazo: do 4 ao 8 de xuño (para listaxe agarda)
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
-Directa: cando a demanda NON supere o número de prazas dispoñibles.
-Sorteo público no caso de a demanda supere o número de prazas dispoñibles