A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, convoca a oferta das Escolas de Verán 2024. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
LISTAXE ESCOLAS DE VERÁN 2024 - SOLICITANTES CON PRAZA E DE AGARDA
PRAZO PAGO: 6-13 XUÑO
COTA XERAL: 65 € / COTA DESCONTO 2º IRMÁN/Á 20% : 52 € (cada un) / COTA DESCONTO FAMILIA NUM. 50%: 32.50 €
O pago é mediante CARTA DE PAGAMENTO, que se tramitará na oficina virtual tributaria do concello https://ovtsada.dacoruna.gal/ga/
-Autoliquidar e pagar taxas - Campamentos
IMPORTANTE:
- Para que a praza quede formalizada, deberá ser enviado o xustificante de pago a omixsada@gmail.com
- - En caso de querer renunciar á praza adxudicada, debe comunicarse a omixsada@gmail.com
- Está confirmado o servizo de madrugadores para aquelas persoas que o solicitaron na inscrición.
BASES DE PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DE VERÁN 2024
Obxecto.
Co obxectivo de facilitar a participación en actividades de lecer e tempo libre, o Concello de Sada, oferta 140 prazas para as Escolas de Verán 2024.
As diferentes actividades que integran esta oferta, levaranse a cabo nun centro de ensino ou equipamento municipal atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 1 ao 31 de xullo (agás sábados, domingos e festivos).
Os/as interesados/as poderán solicitar información na OMIX en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (a partires do 1 xuño só en horario de mañá), no telefono 981620331 ou no correo: omixsada@gmail.com
Requisitos dos participantes, lugar de realización, prazas e quendas
É imprescindible que o/a menor solicitante esté empadroado/a no Concello de Sada con anterioridade ao 1 de maio de 2024. A comprobación deste dato farase de oficio a través do padrón municipal, polo que non será necesario aportar ningún documento acreditativo.
Os participantes das Escolas de Verán deben estar escolarizados no presente curso escolar nalgún dos seguintes niveis:
- 2º ciclo Educación Infantil (4º, 5º, 6º )
- Educación Primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º)
Lugar de realización: Centro de ensino ou equipamento municipal (non haberá servizo de transporte)
Quendas
- 1ª Quenda: 1 xullo ao 12 xullo.
- 2ª Quenda: 15 xullo ao 26 xullo. (Nota: o festivo 25 de xullo non haberá Escolas de Verán.)
Prazas: 140 distribuidas en 70 prazas por cada quenda.
Servizos ofertados
As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h. Na oferta das Escolas de Verán 2024, os/as participantes disporán de:
- a) Un programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación. A temática das Escolas será multiactividade, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter pre-deportivo, musical, artístico, incluindo ximkanas, contacontos, obradoiros, etc.
- b) O material necesario para a realización das actividade.
- c) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de lecer e tempo libre.
- d) Seguro de responsabilidade civil para os participantes e atención sanitaria de primeiros auxilios.
- e) Servizo de Madrugadores gratuito en horario de 08:30 a 09:00 h. Debe existir un mínimo de 10 solicitudes por quenda. Os participantes deben traer o almorzo da casa.
- MPORTANTE: Non haberá servizo de transporte ás instalacións das Escolas de Verán.
Prazo para formalizar a inscrición.
O prazo para formalizar a inscrición será do 13 ao 26 de maio (inclusive). Calquera inscrición realizada fóra deste prazo non será admitida.
Presentación das solicitudes.
- Individual: Cada participante poderá presentar unha única solicitude elixindo por orde de preferencia as quendas das que desexa desfrutar.
- Múltiple: Os irmáns/ás que desexen asistir á/ás mesma/s quenda/as, solicitarán praza múltiple na mesma solicitude.
A presentación da solicitude deberá realizarse obrigatoriamente no formulario on-line. No mesmo formulario poderanse engadir os documentos que acrediten descontos ou calquera outro que requira a inscrición en formato arquivo ou en todo caso se non fose posible, envialos escaneados a omixsada@gmail.com.
Adxudicación de prazas.
A adxudicación das prazas realizarase atendendo os seguintes criterios:
- 1º.- Praza directa para os/as participantes derivados de servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais. O número por quenda será establecido segundo as necesidades do servizo sen superar o 10% das prazas ofertadas en cada quenda. Estas prazas poderan ter ou non exención de pago segundo o informe técnico.
- 2º.- Praza directa en caso de que as solicitudes non excedan das prazas ofertadas en cada quenda.
- 3º.- Por sorteo no caso de que as solicitudes superen as 70 prazas dispoñibles por quenda. Poderase establecer unha listaxe de agarda. Neste caso, o día do sorteo será o 3 de xuño.
- IMPORTANTE: No suposto de que un menor realice a solicitude para duas quendas e teña que optar polo sorteo para obter unha praza, terase en consideración a adxudicación desa praza si outro menor tamén obtivo as duas quendas no sorteo. Neste caso, esta concellería considera que fará un reparto equitativo para que os dous menores poidan, alomenos, desfrutar dalguna das quendas se hai prazas dispoñibles.
Publicación da listaxe de admitidos/as: Entre o día 4 e 6 de xuño publicarase a listaxe de admitidos/as con praza e a listaxe de agarda se fose o caso. Poderase consultar na web www.sada.gal e no taboleiro de anuncios da OMIX.
Se o solicitante con praza desexa renunciar a ela, deberá comunicalo por escrito enviando un correo electrónico a omixsada@gmail.com.
Prezos e Pagamento das cotas.
Prezo:
65€ por quenda
Descontos:
Segundo irmán: 20% desconto. 52€/cada un deles/quenda
Familia numerosa: 50% desconto. 32,5€/quenda
Prazo de pago: do 6 ao 13 de xuño
Forma de pago: Online a través da Oficina Virtual Tributaria (taxa campamento) https://ovtsada.dacoruna.gal/ga/150757/ASADA/tasas
No recibo de pagamento deberá figurar o nome e apelidos do/a participante e a quenda/as solicitada/as.
É imprescindible achegar o xustificante de ter realizado o pago a omixsada@gmail.com
Establécese un periodo extraordinario para posibles incorporacións da listaxe de agarda en caso de renuncias ou vacantes sendo do 17 ao 21 de xuño (inclusive).
Funcionamento das Escolas de Verán.
Participantes que soliciten o servizo de Madrugadores: accederán ás instalacións ás 08:30 h., sendo a saída ás 14.00 h.
Participantes que non soliciten o servizo de Madrugadores: poden acceder ás instalacións ás 09.00, sendo a saída ás 14:00 h.
NOTA: A instalación do centro permanecerá pechada por seguridade unha vez que se sobrepase a hora de chegada estipulada. Se por calquera motivo xustificable o/a participante necesitará facer a incorporación, ou a saída da actividade, fóra do horario establecido, deberá avisar previamente ao responsable da mesma, que será quen se encargará de levar a cabo dita labor da maneira menos perxudicial para o desenvolvemento das actividades programadas.
Normas de comportamento
A organización da Escola, non permitirá ningún tipo de comportamento violento, tanto físico como verbal. Se algún dos participantes dificulta a dinámica no desenvolvemento das actividades en repetidas ocasións (previas advertencias aos seus país/nais desta situación), pode ser susceptible de expulsión segundo acorde o equipo de educadores/as.
Autorización de cesión de dereitos de imaxe e protección de datos de carácter personal
En aras a dar cumprimento ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e seguindo as Recomendacións e Instrucións emitidas pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), infórmase que: nas Escolas de Verán recolleranse experiencias e fotografías durante o desenvolvemento das actividades. Ditas fotografias, nas que poden sair os/as participantes, poderán ser divulgadas a través dos servizos da sociedade da información que considere o Concello de Sada (prensa, web, redes sociais...) e ten, como finalidade, o uso das imaxes para a difusión e publicidade das actividades realizadas na Escola de Verán. A base de lexitimación é o consentimento expreso prestado polos titores legais dos menores.
O interesado terá dereito a retirar ou seu consentimento en calquera momento. Pode exercer en todo momento os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición, así como o seu dereito para solicitar a limitación do tratamento. Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos como Autoridade de Control. Para obter unha información máis exhaustiva achega do tratamento que o Concello realiza dos seus datos persoais, pode consultar a nosa política de privacidade a través da páxina web http://sada.gal/politica-deprivacidade/
Aceptación das bases
O feito de presentar a solicitude para as Escolas de Verán 2024, implica a aceptación de cada unha das normas de participación que aquí se describen