A Concellería de Benestar Social e Igualdade comparte a campaña que o Ministerio de Igualdade, en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, puxo en marcha un Plan de Continxencia contra a Violencia de Xénero ante a crise da COVID19, aprobado en Consello de Ministros o pasado 17 de marzo. Entre as medidas impulsadas desde este plan, atópase a realización dunha campaña institucional para a prevención da violencia machista.
Ligazón á páxina do Ministerio de Igualdade
A violencia de xénero non é un problema privado, é unha violación de dereitos humanos que incumbe a toda a sociedade, especialmente aos poderes públicos. Por iso, nesta situación de estado de alarma, coas dificultades que engade o illamento nos fogares e o peche de moitos servizos, desde a Concellería de Benestar Social e Igualdade seguindo as directrices do Ministerio de Igualdade queremos informar a todas as mulleres que poidan estar a sufrir violencia de xénero das accións de prevención e resposta que seguen en marcha, especialmente se se trata de situacións de emerxencia.