Este Nadal, Merca en Sada, Merca Seguro

10 / DEC / 2020

Este Nadal, Merca en Sada, Merca Seguro

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego ven de presentar a campaña de Nadal en coordinación do Comercio Local que contará con material promocional nas rúas e inclúe distintos soportes de difusión en prensa escrita, dixital e radio en medios comarcais e nacionais.

Desde o mércores día 9 Sada conta con alumbrado e fío musical nas rúas de máis tránsito da vila

Sada, 11 decembro 2020

Se mercas en Sada nesta época do Nadal contribúes a mellorar o futuro do noso comercio local. Para todo tipo de agasallos, para todo tipo de compras, MERCA EN SADA, MERCA SEGURO.

O obxetivo da campaña é o de sensibilizar sobre a importancia social e económica dos pequenos establecementos de comercio e hostalería local así como o de incentivar as compras e o consumo apostando pola cercanía, a seguridade sanitaria e as ofertas e descontos especiais que desde estos establecementos realizan nestas datas. Ademáis, os establecementos repartirán con cada compra a postal gañadora do concurso de nadal no que participou a comunidade escolar de Sada para felicitar as festas e contarán co resto de traballos para decorar os seus establecementos.

A campaña fai tamén unha chamada en redes sociais para que a clientela recomende os seus lugares de compra local favoritos, tendas de agasallos así como establecementos de hostalaría e restauración poñendo en valor os activos na vila a través dos cancelos #MercaLocal #MercaSeguro

 

Arquivado en