Estamos a iniciar o deseño e elaboración da Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
Animámosvos a toda a veciñanza, empresariado e axentes sociais a participar neste traballo conxunto, co obxectivo de conseguir unha estratexia de futuro para o noso territorio, agardando poder contar cunha alta participación tanto das entidades asociadas ao GDR Mariñas Betanzos como de todas as interesadas en participar neste proceso e que queiran adherirse á nosa Asociación, como do público en xeral.
Para elo, achégase unha ficha de participación social cun breve cuestionario da Estratexia de Desenvolvemento Rural do Programa LEADER 2014-2020. Cubre a seguinte FICHA e envíaa través do correo electrónico a info@marinasbetanzos.org
Se prefires participar de forma presencial podes achegarte as reunións que se van a celebrar nas próximas semanas polos diversos concellos do GDR-23, e nos que se explicará de maneira máis detallada as axudas para o emprendemento que poderán iniciarse no territorio, como investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais, a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias ou servizos para a poboación rural, así como actividades recreativas e culturais.
Podes atopar máis información sobre as diversas etapas da elaboración da estratexia, reunións, documentos e información en: https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/proposta-leader-2014-2020/