Excelente acollida do obradoiro dirixido a familias con fillos adolescentes

24 / MAI / 2019

Excelente acollida do obradoiro dirixido a familias con fillos adolescentes

O OBRADOIRO DIRIXIDO A FAMILIAS CON FILL@S ADOLESCENTES, ORGANIZADO DENDE A CONCELLERIA DE BENESTAR SOCIAL DO CONCELLO DE SADA, TIVO UNHA MOI BOA VALORACIÓN DAS PERSOAS PARTICIPANTES.

Sada, 23 maio 2019.

Esta semana rematou o obradoiro dirixido a familias con fill@s adolescentes no que durante oito sesións as persoas participantes compartiron un espazo de reflexión e coñecemento e onde a avaliación por parte das persoas participantes non puido ser mellor.

A primeira actividade desenvolvida consistiu nunha charla informativa, aberta ao público, na que se falou de como vive a adolescencia as redes sociais, como xestionan as suas relacións e de que forma as veces afecta isto ao clima familiar.

A partir desta charla organizouse o obradoiro entre os meses de abril e maio, sendo o obxectivo principal apoiar ás familias e dotalas de ferramentas, tendo en conta o contexto actual no que as redes sociais teñen tanta importancia e se convirtion no xeito de relacionarse os rapaces e a preocupación que isto xenera nas familias.

O obradoiro tivo moi acollida, con un porcentaxe de participación do 100% dos inscritos, coincidindo tod@s eles nunha avaliación moi positiva. As profesionais que impartiron estas actividades foron Sara Vierna e Virxinia Pañeda, educadoras especialistas en redes sociais, xénero e intelixencia emocional.

 

Arquivado en