De enorme éxito pódese definir o I Trail Costa Doce que se celebrou no día de onte en Sada no que sobresaíu o traballo dos voluntarios que fixeron desta proba unha das mellores do circuíto autonómico.
Sada 25 xaneiro 2016.
- Galería de Fotos de La Voz de Galicia.
- Galería de Fotos de Daniel López García
- Resultados proba I Trail Costa Doce
- Muro do evento do Trail Costa Doce del CAS
Cun tempo meteorolóxico inusual para a época do ano en que nos atopamos (20º de temperatura ás 13:00 horas) celebrouse na mañá de onte o I Trail Costa Doce de Sada organizado polo Club Atletismo Sada (CAS) e a concellaría de Deportes, xestionada por Zeltia García Ben.
Ás 10;00 horas se deu a saída ás dúas probas, Trail e Mini Trail, que discorreron pola ruta de sendeirismo Costa Doce e onde corredores e acompañantes gozaron das paraxes naturais, praias, camiños e carreiros da mesma.
A concelleira de Deportes do Concello de Sada, Zeltia García Ben, felicitou ao termo da proba ao CAS: "Parabén a toda a familia do CAS. É un pracer traballar con xente como vós."
Ademais García Ben felicitou en nome da concellaría de deportes á Asociación de Veciños Armental de Carnoedo, co seu presidente á cabeza, pola colaboración prestada o o Trail.
Felicitacións ás que se sumou o alcalde de Sada, Benito Portela, quen agradeceu o "gran traballo" realizado pola AA.VV. Armental e mención tamén ao CAS e á concellaría de Deportes polo gran evento deportivo realizado en Sada.
Estas declaracións realizáronse despois de que Sada celebrase onte una das máis fermosas probas atléticas que se lembran. Nun escenario natural incrible os 350 corredores apuntados disputaron unha proba que se repetirá o próximo ano e tiveron oportunidade de degustar unha tapa de callos ao termo da proba.
Zeltia Garcia destacou a organización, a gran participación, o bo ambiente e felicitou a seccion de montaña do CAS e aos corredores participantes durante o acto de entrega de medallas aos gañadores deseñadas polas Cerámicas do Castro especialmente para esta proba.