Lydia Rodríguez Carracedo e Emilio Montilla Fernández, cun tempo de 2:43:04 e 2:10:19, respectivamente, impuxéronse no trail Costa Doce, que organizaron o Club Atletismo Sada e a concellaría de Deportes, e logrou reunir a medio milleiro de participantes nesta proba de 26 quilómetros de percorrido pola costa sadense.
- Galería fotográfica da Voz de Galicia
Sada 30 xaneiro 2017
Nesta segunda edición do trail, o segundo posto foi para Sonia Botana González na proba feminina, e para Antón Franco Bouza na carreira masculina. Completaron o podio da categoría absoluta Laura Núñez Naveira e Víctor Cousillas Diéguez.
En canto á modalidade de substitucións da Costa Doce, na categoría masculina, o equipo gañador foi o formado por Manuel Raña Fontes e Damián Espasandín Lema (Vengadores Ocer), cun tempo de 2:15:31. Na proba de substitucións feminina, as gañadoras foron Estefanía Mendoza Contreras e Laura Fernández Nocelo (As Patas), cun tempo de 3:27:41. En substitucións mixtas, cruzaron a meta en primeiro lugar Iván Redondo Vidal e Esther Hernández Pereira (Dolebalm), cun tempo de 2:27:14.
O Club Atletismo Sada elaborou un novo percorrido que transcorreu por algúns dos puntos máis emblemáticos desta parte da costa da contorna coruñesa, como o roteiro PRG-96, a baixada até a praia de San Pedro de Veigue, as proximidades do Castro de Meirás ou a costa de Carnoedo.