08 / ENE / 2025
O venres 14, luns 17 e martes 18 de febreiro desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe, a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos estimándose un cupo de 50 solicitudes.
A inscrición poderá realizarse na planta baixa do Concello de Sada ou chamando ao 981 620 075, Ext: 255.
A fin de organizar este servizo as persoas interesadas deberán aportar na inscrición nome, apellidos, DNI e número de teléfono para contactar no caso de que exista algún imprevisto.
O acceso o día da expedición do DNIe deberá realizarse coas correspondentes medidas de seguridade. Ademáis só poderá acceder a persoa que realiza o trámite (salvo casos de menores ou persoas dependentes)