04 / DEC
/ 2024
"Sinerxías", a exposición que une á arquitecta Elvira Paz e o artista plástico Roberto Díaz poderá contemplarse na Capela de San Roque do 4 ao 28 de decembro
A arquitecta Elvira Paz e o artista plástico Roberto Díaz unen as súas mans nunha exposición en Sada na que estes dous grandes valores da arte contemporáneo galego conxugan os seus mundos a través de 20 obras.
"Sinerxías" é o título desta mostra, na que os artistas, da mesma xeración pero con dúas formas distintas de entender a comunicación artística, "viaxan a través dunha odisea introspectiva cotiá, cada un dominando a súa lingua".
A exposición inaugúrase o 4 de decembro na Capela de San Roque de Sada e estará en marcha até o 28 de decembro, con horario de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21:00