Un concello é unha institución ao servizo da cidadanía, polo que esta debe ter un acceso cómodo, directo e o máis aberto posible aos trámites administrativos ou da orde que lle interese, tanto de xeito particular como colectivo.
É obrigada a transparencia na xestión das contas municipais, dos expedientes, das contratacións laborais e de outros actos da administración, xunto coa axilización de calquera resolución, cunhas ferramentas tecnolóxicas postas ao servizo da cidadanía. Tamén apostamos pola interlocución entre todos os axentes locais implicados en cuestións concretas, cunha administración organizada, ben dimensionada e sen longas esperas.
María Pilar TaiboConcelleira delegada da área de Facenda, Seguridade Cidadá e Persoal |