Esta mañá presentouse no salón de plenos do Concello de Sada a segunda edición da Feira de Oficios Artesáns Artesada 2016 , que terá lugar do 11 ao 13 de novembro na carpa situada detrás do edificio da Terraza, coa presenza do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Liss Suárez Becerra, e unha artesá local, Lorena Barciela.
Na presentación o concelleiro de Turismo sinalou a "universalidade" da segunda edición con máis de quince oficios representados e un aumento do número de obradoiros que vanse levar a cabo.
"Nesta edición, continuou Suárez Becerra, tamén haberá cristaleiros, confituras, artesanía en madeira, fabricantes de cervexa artesá e produtos relacionados coa terra e a natureza, que no ano pasado non estaban representados na feira. Ademáis como novidade haberá unha cata de viños artesás da reserva da Biosfera e de Sada".
"Renovamos apostas como pratería, artesanía textil, cantería ou o traballo das costureiras de Sada" indicou Suárez Becerra quen adiantou a presenza de dez postos de artesáns locais e trece que veñen de outros municipios pero tamén unha cantidade de actividades durantes os tres días moi superior á primeira edición. "Non lle damos descanso á xente que queira participar na feira xa que desde o venres ás cinco da tarde temos obradoiros e actividades ata o domingo pola tarde"
Dentro das actividades o concelleiro suliñou que se trata dun programa "moi ambicioso que ten coma obxetivo asentar a feira para seguir nos vindeiros anos con maior presenza" e adiantou que nas 25 horas que vai a estar aberta a Feira do 11 ao 13 de novembro, haberá 13 obradoiros
Lorena Barciela destacou que moita xente estaba interesada en participar nesta segunda edición da Feira pero este ano decidiuse, xunto coa concellería, a reducción de postos de artesáns pero ao mesmo tempo aumentar actividades e espazo para que os visitantes vexan ao artesáns. "E unha feira non de alcanfor, indicou Barciela, unha feira onde a xente poderá ver coma traballamos, en cada gremio poderán ver cousas que lle chamen á atención". "Interesanos que o artesán veña aquí a traballar e mostrar o seu arte" deixou claro Becerra.
"Todos os artesáns que van a estar na feira van a esta traballando coas súas mans, indicou Barciela. Esta feira ten un enfoque diferente ao que estamos acostumados. Eu acostumo a ir a moitas feiras pero a de Sada vai ter un enfoque diferente con demostracións do bo facer artesanal"