Os asistentes a estas xornadas gastronómicas poderán degustar nos 13 locais hostaleiros participantes este exquisito cefalópodo servido en forma de tapa con cada consumición ao prezo de 1€ euro.
Vídeo promociona lIX Festa da Xiba
Sada, 10 abril 2018.
O último fin de semana do mes de abril terá lugar a Festa da Xiba de Sada. Nesta novena edición, desde o concellería de Promoción Económica e Turismo, apóstase por unha ruta gastronómica na que están incluidos máis de 80 establecementos da vila, animación musical, premios directos, e un concurso gastronómico no que participarán 13 establecementos divididos en tres zonas do casco urbano.
Na zona da Praia: A Nosa Viña coa tapa Brazo de Xiba, La Esquinita con Guiso de Xiba, Mesón Costa da Morte con Xiba Costa da Morte, A Marola con Xiba en Arroz Caldoso e Sada Bay con Croqueta de Xiba.
Na zona Centro: A Lagoa con Xiba na súa tinta, Antoxos con Nido de Xiba, Leo´s con Xiba en tarteira e Rincón de Burgos con Tartar de Xiba con garabanzos e cruxinte.
Na zona do Porto: Covandaca con A Perla das Mariñas, El Canalla con Molete de xiba en tinta con alioli de aguacate, Mesón Nordeste con Albondigas de xiba e Ría de Sada con Xiba en salsa de albariño e langostinos.
A presente edición, contará cun xurado profesionais para a avaliación das propostas que estará composto por Maruxa Quiroga, Directora Executiva de Tastelab; Marcos Balboa Beltrán, Presidente de Jóvenes Empresarios de Galicia; Sonia Molero, Secretaria da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” e Fernando España, Administrador do Grupo Eres de Tapas Si, entre outros.
Segundo o Liss Becerra “Sada aposta pola rexionalización da festa levando a súa promoción ás catro provincias galegas,e máis alá”. Para iso diversificaráse a estratexia publicitaria sen esquecer o incremento sensible no importe dos premios que recibirán concursantes e clientes.
Un exemplo disto, e que en apenas 24h, acadáronse máis de 4.000 reproduccións e 11 mil visitas ás redes de turismo co primeiro dos videos promocionais do evento, realizado polo sadense Carlos Babío, chegando a lugares como Arxentina, Alemaña, Estados Unidos, Suiza, Italia, Reino Unido ou Francia.
A estratexia de comunicación audiovisual, así como a publicidade en medios escritos, online e físicos realizaráse durante todo o mes de abril, para fornecer a difusión da oferta hostaleira sadense, e da IX Festa da Xiba.
“Este certame, debe marcar un antes e un despóis na historia do mesmo, en canto a difusión e suceso do mesmo, e para iso e imprescindible a implicación e determinación dos hostaleiros de Sada cos que contamos desde esta Concellería”, apunta o concelleiro.