FESTAS DE AGOSTO SADA 2019
Descarga o Libro das Festas de Sada 2019
- 1 AO 31 DE AGOSTO - EXPOSICIÓN: MEMORIA DE SADA.
Lugar: Capela de San Roque.
Horario: 10:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00h.
Unha emocionante selección de fotografías que nos traen a memoria do que foi Sada en tempos pasados: rúas, edificios, as xentes, oficios, as festas… todo un universo de motivos que quedaron plasmados sobre o papel fotográfico e que o colectivo Memoria de Sada se encarga de atesourar.
Esta presentación estará aberta ao público con entrada gratuíta. Unha oportunidade única para asomarse á nosa “memoria colectiva” como pobo a través de imaxes que non sabemos si valen máis ca 1000 palabras, pero que conteñen máis de 1000 emocións.
Agradecementos: colectivo MEMORIA DE SADA.
- LUNS 5 A VENRES 9 DE AGOSTO - DEPORTES: I CAMPUS DE FÚTBOL PRAIA “ARRE DEMO”.
Lugar: Praia das Delicias.
Organizado polo clube “Arre Demo”. Con inscrición previa.
- LUNS 5 A VENRES 9 DE AGOSTO - -DEPORTES: CAMPUS DE FÚTBOL PRAIA “SOCIEDADE RECREATIVA, CULTURAL E DEPORTIVA DE SADA”.
Lugar: Praia das Delicias.
Organizado pola “Sociedade de Sada”. Con inscrición previa.
- XOVES 8 A DOMINGO 11 DE AGOSTO - DEPORTES: TORNEO DE FÚTBOL PRAIA.
Lugar: Praia das Delicias.
Horario: todo o día.
Organizado pola Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva de Sada.
- VENRES 9 DE AGOSTO - NOITE DE ESTRELAS: OBSERVACIÓN DAS PERSEIDAS. MEMORIAL A JUAN CARLOS MEDAL “JAÍTOS”
Lugar: Paseo Marítimo, fronte á Casa da Cultura Pintor Lloréns.
Inicio: 22:30h.
Programa:
22:30h: ESTÍBALIZ ESPINOSA leerá “O Universo de Dona Pega” para público familiar. A talentosa poeta, escritora de narración infantil e cantante dará vida ao conto “O Universo de Dona Urraca”, creado por “Jaítos” e nunca publicado. Unha ocasión excepcional para gozar da divulgación astronómica e rememorar ao insigne astrónomo sadense.
23:00h: “Achégate ao ceo astronómico con Borja Tosar”. O astrónomo coruñés contaranos o ceo astronómico dun xeito ameno, introducindo tamén conceptos que se poderán apreciar na posterior observación.
23:00h: Chocolatada para o público participante na observación, para quentar os corpos baixo o ceo estrelado.
23:30h: inicio de observación astronómica e “caza de Perseidas”.
En caso de condicións meteorolóxicas adversas a actividade trasladarase ao interior da Casa da Cultura.
Agradecementos: colectivo “Amigos de Jaítos”.
- SÁBADO 10 DE AGOSTO - NOVEDADES CARMINHA + EL MONSTRUO.
Lugar: xardíns do paseo marítimo, diante do edificio do Náutico.
Hora: dende as 22:00h.
Entrada libre.
O concerto deste verán ven repleto de música indi e rock coa actuación de Novedades Carminha sobre os xardíns do paseo marítimo. A enerxía contaxiosa desta banda, os seus riffs de guitarra directos, os seus mordaces estribillos e o seu ritmo “íntimo e quentiño” como o xénero da tenda de lencería que lles da nome, acompañaranse dos toques latinos e a enerxía verbeneira dos seus últimos traballos.
A banda El Monstruo abrirá co seu concerto unha noite musical para gozar do verán a carón da praia:
El Monstruo: 22:00h
Novedades Carminha: 23:00h
- SÁBADO 10 DE AGOSTO - DEPORTES: TROFEO DE XADREZ “SANENROQUE”.
Lugar: Casa da Cultura Pintor Lloréns.
Horario: Dende as 11:00h.
Organiza Club Xadrez Smyslov. Colabora Concellería de Deportes.
- SÁBADO 10 DE AGOSTO - AVENTURA: SAÍDA EN KAYAK E PADDLE SURF.
Lugar: praia de Gandarío.
Horario: de 10:00 a 12:00h.
Unha xornada lúdica e de aventura sobre a auga da ría, para vivir unha gran experiencia de verán. Con inscrición previa.
Organiza Concellería de Xuventude, Transparencia e Participación Cidadá.
- LUNS 12 DE AGOSTO - URBAN STYLE: FESTIVAL DO DÍA DA XUVENTUDE
Lugar: Paseo Marítimo de Sada.
Horario: a partir das 18:00h.
O Día Internacional da Xuventude ven cargado de actividades e propostas para o noso público: graffiti, Parkour Park, beatbox, jugger, slackline, breakdance... todo en formato aberto e participativo.
Achégate a vivir experiencias adrenalínicas!
E para finalizar unincrible espectáculo de cor no que necesitamos a participación de todo o público: a I Festa Holi en Sada.
ACTIVIDADES dende as 18:00h
Organiza Concellería de Xuventude, Transparencia e Participación Cidadá.
Participación gratuíta e sen necesidade de inscrición previa.
- MÉRCORES 14 DE AGOSTO - FESTIVAL: “I MEIGALLO FEST”.
Lugar: xardíns do paseo marítimo, diante do edificio do Náutico.
Hora: dende as 20:30h.
Entrada libre.
Os festivais son para o verán... e este verán tráenos o inicio dun novo proxecto musical impulsado polo tecido asociativo sadense. Creado e organizado pola Asociación Musical Sada Rock en colaboración co Concello de Sada, nace o “MEIGALLO FEST”, unha proposta musical e festiva na que as diferentes bandas sadenses contarán cun espazo propio para presentarse ante o público, contando cun cabeza de cartel proposto por elas mesmas:
PROGRAMA:
- Exhibición previa: Club Natural Sport Sada (20:30h).
- WonderMind (22:00h)
- Overlook (22:45h)
- Now I Am (23:30h)
- Aphonnic (00:30h)
Pásate polo fest, goza da música a carón da praia de Sada… e da oferta de food trucks para quedar cun gran sabor de boca. Non te perdas a primeira edición e... que voen as Meigas!!!
FESTAS PATRONAIS NA HONRA DE SAN ROQUE -FESTAS DE INTERESE TURSTICO DE GALICIA.
COA COLABORACIÓN DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA E ABANCA.
- XOVES 15 DE AGOSTO - DÍA DE SANTA MARÍA.
11:00 Alboradas. Pasacalles por varias rúas de Sada a cargo de “Coro Galego Santa Comba de Veigue”.
11:00 Torneo de Pesca Infantil. Organiza Pescamar Sada. Explanada do Porto tras a Nave Finisterrae. Inscrición no momento de inicio.
12:30Misa cantada a cargo da Coral Polifónica San Martiño de Meirás
14:00 “SON DE RÚA”: CONCERTOS DE AUTOR con París Joel & Bea a de Estrella.
Lugar: paseo marítimo do Porto, final do carril-bici.
18:00-19:00 DESFILE DE CABEZUDOS.
Lugar: Pza. da Pescadaría, Tenencia, Linares Rivas, rúa Bergondo, rúa Pontedeume, rúa Oza dos Ríos, Tenencia, Pza. da Pescadaría.
Tal como era habitual nas Festas de San Roque, un grupo de pintorescos cabezudos percorrerán varias rúas de Sada, arrancando na praza da Pescadaría para pasear pola Tenencia, Linares Rivas e as Brañas, animando ao seu paso a nenos e maiores. A comitiva irá acompañada da animación musical e festiva de “Malandros Escola de Samba”.
19:00 Festival de Música Coral:
Lugar: xardíns do Paseo Marítimo detrás da Terraza.
Coas actuacións de:
- Coro Municipal Agra das Arcas.
- Coral Polifónica da Sociedade de Sada.
- Coro Galego de Veigue.
- Coral Polifónica San Martiño de Meirás.
- Coral A Lembranza.
21:00 PREGÓN DAS FESTAS DE SAN ROQUE: MIGUEL GAYOSO BARREIRO (ex director do CEIP Sada e os seus Contornos).
Lugar: xardíns do Paseo Marítimo detrás da Terraza.
23:00 Verbena coa orquestra PARÍS DE NOIA.
Lugar: praza Irmáns Suárez Picallo.
- VENRES 16 DE AGOST0 - DÍA DE SAN ROQUE.
I Regata Rumbo Ártabro de embarcacións tradicionais. Organiza AC Os Patexeiros. Ares-Perbes- Sada.
11:00 Alboradas. Pasa rúas por varias zonas de Sada a cargo de “A.C.D. A Meda do Castro”.
12:30 Misa cantada a cargo do Coro Municipal Agra das Arcas e procesión co acompañamento da Banda Municipal de Música de Sada.
14:00 “SON DE RÚA”: CONCERTO DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
Lugar: praza de San Roque.
18:00h: XX TORNEO DE PETANCA CIDADE DE SADA. Na cancha de petanca do Paseo Marítimo. Organiza Asociación Petanca Sada.
18:00-19:00 DESFILE DE CABEZUDOS.
Lugar: Pza. da Pescadaría, Tenencia, LinaresRivas, rúa Venezuela,Av. Da Mariña, Bulevar das Mariñas, Tenencia, Pza. da Pescadaría.
As Festas Patronais recuperan unha figura entrañable que deixou a súa impronta na memoria de moitos e moitas sadenses: os cabezudos. Nesta ocasión a Concellería de Cultura bebe da tradición e, da man talentosa de Ana Sastre, sacará ás rúas sadenses un grupo de pintorescos cabezudos que animarán ós viandantes. Unha tarde máis contaremos coa animación musical e festiva de “Malandros Escola de Samba”.
18:00 Festa dos maiores. Pequena merenda de homenaxe aos nosos maiores (para persoas empadroadas en Sada, con invitación previa).
Lugar: Hotel Alda Sada Marina.
Con charlas, baile, a actuación de A Lembranza e moito máis.
20:00 “A festa a escena”. Actuación de artes escénicas para público familiar: “Momentos de Asombro con Mago Rafa”.
Lugar: Praza de San Roque.
23:00 Verbena coa orquestra LOS SATÉLITES.
Lugar: praza Irmáns Suárez Picallo.
- SÁBADO 17 DE AGOSTO - DÍA DE SAN MAMEDE.
I Regata Rumbo Ártabro de embarcacións tradicionais. Organiza AC Os Patexeiros. Sada-Lorbé- Mugardos.
11:00 Alboradas a cargo da agrupación “Nova Troula”.
11:00 Travesía a nado, Ocean e Bandas na Praia Nova. Organiza Club de Salvamento SASA.
12:30 Misa cantada a cargo da Coral Polifónica da Sociedade.
14:00“SON DE RÚA”: Edu Calvario y los Mártires del Camposanto”.
Lugar: I Travesía da Obra.
19:00-22:00 CONCERTO “GRANDES VOCES”:
19:00 SHOW A LEMBRANZA
20:30 LA TROVA CORUÑESA
Lugar: Casa da Cultira Pintor Lloréns.
23:00 Verbena co Grupo LIMÓN.
Lugar: praza Irmáns Suárez Picallo.
- DOMINGO 18 DE AGOSTO
10:00 Milla Popular de San Roque. Organizada polo CAS (Clube de Atletismo de Sada) dende a Av. da Mariña
11:00 Alboradas a cargo da “A.M.D.T. Queiroa”.
14:00 “SON DE RÚA”: Javier Insua
Lugar: rúa da Praia.
18:00 LX Sardiñada de agosto no Curruncho. Tradicional sardiñada popular das Festas de San Roque. Coa animación musical das agrupacións folclóricas “A Meda do Castro” e “Queiroa”.
Lugar: área recreativa O Curruncho.
22:30 Verbena coa orquestra PALADIUM.
Lugar: praza Irmáns Suárez Picallo.
00:00Espectáculo pirotécnico. Espectáculo pirotécnico nocturno con lanzamento desde terra e auga.
Lugar: diante da praia Nova. Agradecementos a PROINSA.
- MARTES 20 DE AGOSTO - CINE DE VERÁN PRESENTA: LOS INCREÍBLES 2
Lugar: praza de San Roque
Horario: 22:00h
Entrada gratuíta.
- MARTES 20 DE AGOSTO - FESTA INFANTIL:
Inchables, actividades lúdicas, festa da escuma e moito máis.
Lugar: xardíns do Paseo Marítimo
Horario: dende as 17:00h
Entrada gratuíta.
Organiza Concellería de Xuventude, Transparencia e Participación Cidadá.
- MÉRCORES 21 DE AGOSTO - CINE DE VERÁN PRESENTA: SINBAD
Lugar: praza de San Roque
Horario: 22:00h
Entrada gratuíta.
- XOVES 22 DE AGOSTO - CINE DE VERÁN PRESENTA: CAMPEONES (Goya 2019 ao mellor filme)
Lugar: praza de San Roque
Horario: 22:00h
Entrada gratuíta.
- VENRES 23 DE AGOSTO - CINE DE VERÁN PRESENTA: JURASSIC WORLD
Lugar: praza de San Roque
Horario: 22:00h
Entrada gratuíta.
- VENRES 23 DE AGOSTO - XOGOS CURRUNCHEIROS: XINCANA CURRUNCHEIRA
Lugar: varias rúas de Sada, con base na Área Recreativa O Curruncho.
Horario: dende as 11:00h
Actividade para participación en formato “peña” con inscrición previa.
Organiza: AC Eres de Sada Si.
- SÁBADO 24 DE AGOSTO - XOGOS CURRUNCHEIROS: XUNTANZA CURRUNCHEIRA
Lugar: área recreativa O Curruncho.
Horario: dende as 11:00h
Xuntanza das peñas participantes para compartir probas e comida, poñendo o peche ás actividades desta edición.
- SÁBADO 31 DE AGOSTO - ENCONTRO FOLCLÓRICO A MEDA DO CASTRO
Lugar: praza da Terraza.
Horario: dende as 19:00h
Coa participación das agrupacións:
Programa:
19:00h Pasa Rúas das agrupacións participantes.
19:30h Actuacións de agrupacións folclóricas.
22:30h Concerto de TIRULEQUE.
Entrada de balde.
Organizan ACD A Meda do Castro e Concello de Sada.
- SÁBADO 31 DE AGOSTO - DEPORTES: I TORNEO SAN MAMEDE DE FÚTBOL.
Lugar: Campo de Fútbol de Carnoedo.
Horario: a partir das 16:30h.
Organizado polo C.F. Carnoedo.