Desde o Concello consideramos as festas como manifestación da cultura popular e dos espazos públicos, que serven para o diálogo e o intercambio entre a veciñanza. É por eso que desde Cultura vos presentamos unha programación para todos os públicos, sobre todo familiar, ao aire libre, e en diferentes emprazamentos para disfrutar de toda nosa Vila. Apostamos polo talento local con varios grupos musicais da zona e tamén dalgunhas compañías extranxeiras porque a multiculturalidade é parte do noso día a día, porque de Sada somos todas e todos. Traballamos para que a veciñanza goce dunhas festas sostibles. Sexamos responsables e respectemos ás medidas e recomendacións sanitarias ao máximo. A cultura é segura!
Onde pasarán cousas?:
Bágoa do Porto (final do carril bici)
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Parque Infantil do Porto
Praza de San Roque
Praza da Peixaría
Rúa da Praia (antigo parque infantil)
Festi-Leira. Espazo acotado nos xardíns detrás da Terraza.
Hai que recoller entrada ou facer reserva?
Non. Tes a programación, decide a qué queres ir e listo!. Todas ás actividades son de rúa, e temos persoal controlando que se cumpran ás medidas anti-covid.
Que é a Festi-Leira?.
É un espazo acotado e preparado, nos xardíns detrás da Terraza, onde poderás disfrutar dos concertos. Con leiras para 2, 4 ou 6 persoas. O aforo é limitado.
Non é necesario retirar entrada previamente, achégate ao recinto e no momento tomaremos os téus datos. As portas abriranse 1 hora antes do concerto.
Tráete a túa mantiña se che presta!
PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DE SAN ROQUE 2021
VENRES 13
21:30h – SESIÓN DJ - CRNDS DJ CON FRANSY GONZÁLEZ.
Festi-Leira (xardíns detrás da Terraza)
Este traballo caracterízase pola integración de elementos propios da música tradicional galega, a través da linguaxe tímbrica da electrónica experimental de Cernadas e unha das voces máis representativas da música tradicional de Galicia, Fransy González.
22:00h – VISIONADO DAS PERSEIDAS - CHOVEN ESTRELAS EN SADA.
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Faladoiro e observación das Perseidas, en recordo de Jaitos Medal. Coa colaboración da escritora e poetísa Estíbaliz Espinosa.
Actividade suxeita a incripción previa en https://reservabutacas.sada.gal/
SÁBADO 14
ELAS SON ARTISTAS - FESTIVAL METROPOLITANO POLA IGUALDADE
Festi-Leira (xardíns detrás da Terraza)
21:00h-22:15h - AGORAPHOBIA
Banda formada por catro chicas influenciadas polo punk rock. Referentes no panorama musical actual con repercusión máis aló do ámbito galego.
22:30h-00:30h - EME DJ
Unha das dj´s máis importantes da escena indie-disco de España, con premios e recoñecementos acadados de xeito continuado nos últimos anos.
DOMINGO 15
12:30 – ALBORADAS NAS RÚAS DE SADA – QUEIROA
19:00 – FESTIVAL DE CORAIS - CORAL POLIFÓNICA A LEMBRANZA E CORO SANTA COMBA DE VEIGUE
Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns
Dous das nosas corais subirán de novo ao escenario despois desta gran pausa. A entrada será ata completar a capacidade do espazo.
19:00 – CIRCO – CIRKOTE
Bágoa do porto (final do carril bici)
Teatro, circo, malabares e humor, moito humor, nun espectáculo para todos os públicos. Combínanse técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público, que pasa a formar parte activa do espectáculo, no que che pode acontecer de todo, pode mesmo que ti acabes sendo a estrela da función.
19:00 – TEATRO MUSICAL – DESCONCERTO
Praza de San Roque
Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, ven no deber de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación.
Un divertimiento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs sobre a música culta, un achegamento á música clásica a través do humor. Montaxe cómica que combina música, teatro, humor e moito ritmo para ofrecer unha imaxe amena e atractiva da música clásica.
20:00 – MALABARES - RASTAFARUDI RUDI DUDI
Lateral da Casa da Cultura
En Rastafarudi hai desde música en vivo ata malabarismo, pasando por coreografías en tutú e un striptease a base de gargalladas. E no medio e medio, Rudi Dudi. O clown –belga, pero universal– crea un espectáculo xurdido da maxia e a forza que veñen en grao sumo profundo, directamente do corazón e ensínanos un antigo ritual para que a xente déitese todas as noites coa esperanza neste mundo intacta.
20:00 - TEATRO – A ILLA SEN TESOURO
Parque infantil do Porto
Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas. Musica, bailes, pelexas de espadas e toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos. E un guiño a un clásico literario para toda a familia.
21:30 - CONCERTO MÚSICA DOS 80-90 – NUEVO PLAN
Festi-Leira (xardíns detrás da Terraza)
O grupo ferrolan repasará os mellores hits da música nacional dos años oitenta e noventa. Ven e canta desde a túa leira cancións vitales que marcaron unha época!
LUNS 16
12:30 – ALBORADAS NAS RÚAS DE SADA – NOVA TROULA
19:00 – MÚSICA INFANTIL – CHUCHES AMIL
Praza de San Roque.
Moitísima diversión a través de música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos dos cativos, e sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando. Unha música contaxiosa e festiva que fai desfrutar do presente e presenta unha ledicia compartible.
19:00 – CONTOS MUSICADOS – FILIPA COS CONTOS
Rúa da Praia
Unha sesión " filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia.
Contos " filipantes", acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cada cal á súa maneira, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto nenas e nenos como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar... desde as súas distintas visións dos contos populares.
20:00 – MAXIA – O MAGO DANI GARCÍA CON TIN
Praza da Peixaría
Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro xeito de facer., perdido no presente, no aquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de idiomas. Sempre en busca de novas amizades coas que engadir un código máis á súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un novo código, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.
20:00 – CONTACONTOS – O CENSOR DE MONSTROS
Lateral da Casa da Cultura
Cristovo ten un traballo moi especial, é "censor de mostros"con él descubriremos os seres fantásticos que habitan na Galicia. Unha viaxe inolvidable pola nosa terra meiga, onde coñeceredes de primeira más as personaxes mitolóxicas que aínda viven entre nós.
Vivirá algún preto de ti e non o sabes?
21:30 - CONCERTO MÚSICA DOS 60-70 – GRAMOLA YÉ-YÉ
Festi-Leira (xardíns detrás da Terraza)
Gramola Yé, Yé, é un cuarteto que rememora as mellores cancións dos guateques e as cancións de verán dos anos 60 e 70.
MARTES 17
12:30 – ALBORADAS NAS RÚAS DE SADA – A MEDA DO CASTRO
19:00 - MAXIA - HOXE TOCA MAXIA
Praza de San Roque
Todos os días poden ser un día incrible con "Hoxe toca... maxia!": un espectáculo sorprendente, misterioso, divertido e máxico para todos os públicos a cargo de Carlos Tomico da compañía Magia en la Manga.
19:00 – PASARRÚAS - FUTURISMO GALÁCTICO
Paseo Marítimo
Fundada en 1985 en Bogotá (Colombia), a Fundación Teatral Tchyminigagua persegue "traballo, coñecemento e identidade", elaborando unha linguaxe teatral "para vivir e compartir unha misión cultural, social e política". Un equipo humano estable formado no seo do grupo encárgase de producir as súas creacións, integrando profesionais da escritura, a dirección, a interpretación, as acrobacias, a danza ou a música que fortalecen a técnica teatral Tchyminigagua: "Forza, ritmo e enerxía, unha linguaxe acrobático, teatral e circense propio". O seu labor artístico e o seu traballo pola memoria desde o compromiso político fíxolles gañarse o recoñecemento internacional, celebrando a súa dramaturxia, música, colorido ou maquillaxes e a súa invención, patentada a nivel mundial, dos zancos en patíns. Cultura popular de trasformación social.
20:00 – CLOWN - MAYTE GUEVARA CON QUE BUEN DÍA!
Rúa da praia
Chova, neve ou granice…para Martina sempre pode ser un bo día…
Martina vén hoxe a demostrarnos que quen soña e abre ben os seus ollos pode ver un mundo con infinitas posibilidades.
Un espectáculo para xente con ganas de pasalo ben (Absterse aburridas, tramposas e outras persoas sen ganas de xogar nin de imaxinar).
20:00 – MAXIA - O MAGO TETO CON O AFIADOR
Bágoa do Porto (final do carril bici)
Un espectáculo que vira ao redor dunha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus devanceiros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX, e practicamente extinguido no século XX, desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns días ou anos coa única compañía da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.
21:30 - CONCERTO MÚSICA LATINA – SONBOLEROS
Festi-Leira (xardíns detrás da Terraza)
SonBoleros é un cuarteto formado por contrabaixo, voz, piano e percusión cunha liña moi elegante. Renden homenaxe ás mellores cancións dá múisca latina. Ou seu repertorio componse de Boleros, Tangos e Sons cubanos.
MÉRCORES 18
12:30 – ALBORADAS NAS RÚAS DE SADA – NOVA TROULA
19:00 – CIRCO – ABRACADAVER
Parque infantil do Porto
Volve Rogelio, cun espectáculo desde a súa casa. Unha cura colectiva para perder o medo. Unha terapia de choque. Cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron e que nos poñerán os pelos de punta. Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptar para cardíacos.
19:00 – NARRACIÓN - ASDOMARE
Rúa da Praia
Asdomare son as mulleres do mar,
ou o mar de mulleres.
É a senda dos faros
que alumean A Maruxaina,
A pedra do cu da raíña,
Os cantos das conserveiras...
Todo o que o mar quita,
todo o que o mar deixa
20:00 – MÚSICA INFANTIL – BRINCA VAI (DE AQUÍ E DE ACOLÁ)
Lateral da Casa da Cultura
O músico e actor Paco Nogueiras vai aos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida Maquina nun divertidísimo viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de saltar e pasarllo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música convértese en sorriso.
20.00 – MAXIA – EL GRAN BRAULIO
Praza da Peixería
Braulio é o mellor meigo do mundo ... polo menos iso é o que pensa. E quen somos para dicirche a verdade? Así é moito máis divertido! Chega á túa cidade un mago torpe e descoidado que fai ben os seus trucos e o seu espectáculo de pura casualidade.
21:30 – CONCERTO ROCK-FOLK – BULE BULE BAND
Festi-Leira (xardíns detrás da Terraza)
A Bule Bule Band é un grupo de música de rockfolk galego que enche as boas festas de gran
música e grandes músicos. A suas pezas mezclan sonidos de rock’n’roll, reague, country con letras e ritmos tradicionais, letras de autor e poemas galegos.
XOVES 19
22:00h – CINEMA FAMILIAR – ZAPATOS ROJOS Y LOS 7 TROLLS
Praza de San Roque
Unha nova e disparatada versión do conto de Blancanieves. Nesta ocasión, os príncipes de todos os reinos convertéronse en enanitos de cor verde e necesitan atopar os zapatos vermellos dunha dama moi especial para romper o feitizo. Con todo, o que parecía algo moi sinxelo converterase en toda unha aventura inesquecible.
DOMINGO 22
22:00h – CINEMA FAMILIAR – ALADDIN
Praza de San Roque
Aladdin é un adorable pero desafortunado ladronzuelo namorado da filla do Sultán, a princesa Jasmine. Para tentar conquistala, acepta o desafío de Jafar que consiste en entrar a unha cova en metade do deserto para dar cunha lámpada máxica que lle concederá todos os seus desexos. Alí é onde Aladdín coñecerá a Xenio, dando inicio a unha aventura como nunca antes imaxinara.