FESTAS DO CARME 2022

13 / XUL / 2022

FESTAS DO CARME 2022

A concellería de Cultura programa un completo programa de actividades nas Festas do Carme 2022 que terán lugar en Sada do 15 ao 17 de xullo.

 

VENRES 15:

FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS TA-CHÁN!

19:00h: Pasarrúas con Pulpiño Viascón. Espectáculo musical con organeta itinerante polo paseo Marítimo e espazos do Porto de Sada.

21:00h.: Chungo Que Te Cagas!, con Peter Punk. Actuación escénica que mestura clown e música nun espectáculo para todos os públicos. Organizado dende o lateral da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

 

SÁBADO 16:

MERCADO DE ARTESANÍA

11:00-21:00.: MERCADO MARIÑEIRO

Primeira xornada deste mercado de artesanía no que será posible atopar diferentes produtos e algunha proposta gastronómica. Organizado no ramal exterior do Paseo Marítimo.

 

ACTIVIDADES TRADICIONAIS

11:00h.: DIANAS E ALBORADAS - Agrupación folclórica percorrerá as rúas máis próximas ao Porto, animando musicalmente o arranque desta xornada festiva e acompañando tamén a procesión marítima pola tarde.

18:00h.: MISA NA HONRA DA VIRXE DO CARME - A Confraría de Pescadores organiza unha misa na honra da súa patroa. A celebración terá lugar na Lonxa de pescadores, a partires das 18:00h. O oficio relixioso contará co acompañamento dunha agrupación coral.

19:00h.: PROCESIÓN MARÍTIMA DO CARME - Como é tradición, a maioría das embarcacións de pescadores de Sada participan nunha procesión marítima na que acompañan ao barco que acolle a imaxe da Virxe. 

20:00h.: SARDIÑADA POPULAR - O Concello de Sada organiza unha sardiñada popular en colaboración coa Confraría de Pescadores de Sada. Organizarase á finalización da Procesión Marítima no entorno do paseo marítimo, preto do ensanche do “carril bici”.

 20:30h.: ACTUACIÓN  MUSICAL FOLCLÓRICA - Durante a celebración da sardiñada está prevista a participación dun grupo de música tradicional.

22:00.: CONCERTO - Actuación musical da formación LE SUITE BAND.

 

FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS TA-CHÁN!

12:00h: RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO, con Pakolas. Espectáculo musical para público familiar, organizado no lateral da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

19:00h.: BRINCA VAI!, con Paco Nogueiras. Actuación musical para público familiar no lateral da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

20:00h.:  MOMENTOS MÁXICOS, con Mago Rafa. Espectáculo de maxia organizado dende o final do carril bici, no Paseo Marítimo da zona do Porto.

21:00h.: CUACAC!, coa Cía N+1. Espectáculo escénico en clave de clown con compoñente acrobática aérea, organizado dende o parque infantil da Av. do Porto.

 

XOGOS MARIÑEIROS E ACTIVIDADES LÚDICAS

12:00. DESFILE DE FLOTADORES TOLOS. Ala vou! Airlines 2022. Casa Cultura Pintor Lloréns – Zona  Porto. Dende a Casa da Cultura Pintor Lloréns comeza o desfile dos/das participantes do Concurso de Flotadores Tolos. O percorrido será polo paseo marítimo, ata chegar diante da rampla do “Jurjo” ao frente do parque infantil do Porto.

16:OOh: “REGATA DE INCHABLES”. Diante da rampla do “Jurjo” fondearanse boias flotantes que marcarán un campo de regatas.  Carreira de flotadores, embarcacións individuais e embarcacións grupais, son as categorías desta regata de “inchables tolos”, na que poderá participar o público inscrito previamente segundo as condicións das bases reguladoras do concurso.

 Desde a organización animan a toda a veciñanza e visitantes a participar cos seus aparellos flotantes. A normativa e o formulario de inscrición pode consultarse aquí: https://forms.gle/ZiemRf5tFyrHhxzN7

ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS

Xuntanza de Embarcacións Tradicionais. Os Patexeiros programan contido de interese cultural relacionados co mundo do mar. Co obxectivo de divulgar o coñecemento da carpintaría de ribeira, recoñecida como Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial. Conservar e difundir a cultura mariñeira en xeral, así como a memoria histórica relacionada co mundo da navegación e a pesca no contexto de Sada e de Galicia.

11:00h Obradoiros – Actividades lúdicas relacionadas co mar. Carpintería, xogos para os máis pequenos, ...

12:30h: Saída navegación

17:30 Saída xuntanza coas embarcacións Pebres-Miño-Sada

 

XL XUNTANZA MARIÑANA

12:30h: ANIMACIÓN POLAS RÚAS DE SADA. 

Sada é a sede da XL Edición da Xuntanza Mariñana, que reune a 4 grupos de música tradicional galega, da Comarca.  Santaia de Santa Cruz, Os Rueiriños de Nós, A Marola de Mera e A Meda do Castro percorrerán diferentes rúas de Sada para rematar cun encontro entre todas, na praza detrás da Terraza. Onde amosar o seu mellor repertorio e desfrutar do día.

 

DOMINGO 17:

MERCADO DE ARTESANÍA

12:00-21:00h.: MERCADO MARIÑEIRO

Primeira xornada deste mercado de artesanía no que será posible atopar diferentes produtos e algunha proposta gastronómica. Organizado no ramal exterior do Paseo Marítimo.

 

FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS TA-CHÁN!

12:00h: CIRKOTE, con Kote Malabar. Espectáculo escénico de malabares e acrobacias para público familiar, organizado no lateral da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

19:00h.: ABRAIOS DE RÚA, con Fani Triana. Espectáculo de maxia organizado dende o lateral da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

20:00h.:  JANO SEN MEDIDAS, coa Cía. Jano Costa. Espectáculo de mimo e clown organizado dende o final do carril bici, no Paseo Marítimo da zona do Porto.

21:00h.: IKIGAI, coa Cía. SU.MA. Espectáculo escénico acrobático aéreo, organizado dende o parque infantil da Av. do Porto.

 

ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS

11:00h Obradoiros – Actividades lúdicas relacionadas co mar. Carpintería, xogos para os máis pequenos, ...

12:30h: Saída navegación

15:30h Obradoiros – Actividades lúdicas relacionadas co mar. Carpintería, xogos para os máis pequenos, ...

17:30 Saída navegación.

Arquivado en