A concellería de Mocidade programa diversas actividades para a tarde/noite do 31 de outubro nas Festas do Samaín de Sada
Programación Samaín Sada 2019 - Xoves 31 de outubro
A HISTORIA DO SAMAÍN
17:00 - 18:15 - Casa da Cultura Pintor Lloréns. Entrada de balde ata completar aforo. Dirixido a público familiar
Actividade onde contarase aos nenos e nenas de onde procede a festividade do Samaín a través dun conto moi especial onde os propios nenos e nenas convertiranse en protagosnistas da historia
TRUCO OU TRATO
18:00 - 20:30 - Nos comercios e locais colaboradores. Busca o distintivo en cada uno de eles.
Actividade para todas e todos os lambóns que queiran gozar dun pouquiño de medo!!!
TUNEL DO TERROR
Actividade que terá lugar no pavillón Polideportivo Municipal
- Sesión moza de 20:00 a 22:00 - Actividade non recomendada a menores de 10 anos (os menores de 12 anos é recomendable que acudan acompañados dun adulto)
- Sesión adulta de 22:00 - 00:00 - A partir de 14 anos
Fai anos que o Hospital Psiquiatrico de Sada foi devastado por un incendio. Tratábase dunha institución casi segreda xa que estaban ingresadas algunhas das personas máis perigosas do país. No incendio foron todos pasto do lume: pacientes, persoal asistencial, de limpeza, etc... e a día de hoxe aínda non se descubriu a orixe do lume.... E ti? atréveste a entrar?