A concellería de Cultura programa as FESTAS DO NADAL 24-25 con actividades para toda a familia.
PROGRAMA
20 DECEMBRO 17:00h.: FESTA INFANTIL SOLIDARIA NO PAVILLON MUNICIPAL
Gran festa infantil de Nadal con carácter solidario. Música, animación, xogos e inchables. Merenda de balde para os nenos e nenas. Prégase aos asistentes que aporten alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene para colaborar con Cáritas e Cruz Vermella.
Atoparedes xogos de grande formato para compartir en familia, inchables para pequenos e para os que xa non son tan pequenos, zona de baile e xogos dirixidos con animación musical e, para os máis rezagados, un obradoiro para elaborar a carta cos vosos desexos, que lle poderedes entregar alí mesmo en persoa ao mesmísimo Papá Noel que virá dende a súa casa en Laponia a pasar a tarde con todos nós.
A media tarde, a rapazada será convidada a merendar un delicioso chocolate con churros para repoñer forzas e así chegar en plenitude ao momento estelar que terá lugar sobre as 20 horas, o espectacular sorteo de agasallos entre os que se atopa unha fabulosa cesta de Nadal, vales para mercar xoguetes, vales para material escolar ou unha das catro Nintendo Switch Oled que poñemos á vosa disposición.
Que tendes que facer para participar en todo isto? Pois un pequeno esforzo solidario aportando alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene para que Cáritas e Cruz Vermella llos fagan chegar ás familias máis necesitadas. Sinxelo, non? Pois vémonos alí a partires das cinco da tarde.
20 DECEMBRO 19:00 h.: CONCERTO DE VIOLINS A CARGO DA AMDT. QUEIROA
Concerto de violíns a cargo de Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa na Capela de San Roque a partires das 19 horas. Entrada libe ata completar aforo.
21 DE DECEMBRO 19h.: CONCERTO DE NADAL DA BANDA MUNICIPAL DE SADA
Ás 19 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo.
22 DE DECEMBRO 18:30 h.: GALA DE NADAL DA ESCOLA DE BAILE CARMEN LOPEZ
Ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Entrada de balde con reserva previa a través da web de reserva entradas do Concello de Sada
26 e 27 DECEMBRO 17:00 a 21:00h.: TREN DO NADAL
Paseos de balde no Tren do Nadal polas rúas de Sada. Saídas periódicas dende a Praza de San Roque entre as 17 e as 21 horas
5 XANEIRO: CABALGATA DE REIS
Cabalgata cos Reis Magos de Oriente. Recepción coas súas Maxestades na Casa da Cultura ao terminar o percorrido.
Saída da lonxa ás 18h co seguinte percorrido: Avda. do Porto - Avda. da Mariña - Rúa Venezuela - Rúa Bergondo - Rúa Pontedeume - Rúa Oza dos Ríos - Praza da Igrexa Nova - Avda. Barrié de la Maza - Rúa Linares Rivas - Rúa Venezuela - Avda. da Mariña e chegada á Casa da Cultura sobre as 19:30 aproximadamente