FIESTAS DE SADA 2022

05 / AGO / 2022

FIESTAS DE SADA 2022

O Concello de Sada programa concertos, actividades, deporte, lecer, verbenas e moitas cousas máis nas Festas de Sada 2022

DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO

 

VENRES 12

DÍA DA XUVENTUDE

Lugar: Xardíns Paseo Marítimo

20.00h –Festa holi Ven a recoller o material e as túas gafas para a festa de cores. Lembra traer roupa blanca!!

 

20:30h -  Dará comezo a nosa Holi Fest  na que a mocidade disfrutará dun estallido de cores repletos de música baile e animación.

22:00h -  Concerto de  Ale Rosende Un xoven cantante e compositor sadense, que dende temprana idade e despois de sufrir unha grave lesión, comeza a facer realidade o seu soño no mundo musical, con cancións como “Dile que volví”, “De día” ou “Corazón partido”. As súas gañas de deixar pegada neste mundo cada vez se fan máis grandes

 

23:00h  - Sesión Dj a cargo de AYMAN PROSOUND Poderemos gozar da mellor música ata a noite e faremos do día da xuventude una xornada inolvidable.

 

NOITE DE ESTRELAS: OBSERVACIÓN DAS PERSEIDAS.

Memorial a Juan Carlos Medan “Jaítos”. Lugar: Paseo Marítimo, fronte á Casa da Cultura Pintor Lloréns.

22:30h – Estíbaliz Espinosa, astrónoma, poeta, escritora e cantante, será a encargada de iniciar a actividade cun Faladoiro Astronomía e Literatura: «Deberían ter traído unha poeta»

23:00h – Descubrir o ceo nocturno. A  Asociación instalará algúns telescopios para facillitarnos o visionado das Perseidas e dalgún planeta que se deixe observar. Para iso, Borja Tosa, falaranos de conceptos básicos do ceo astronómico dunha maneira amena, para saber todo o necesario das Perseidas e todos os trucos para poder gozar desta choiva de estrelas.

23:30h -  Inicio a observación astronómica e a “Caza das Perseidas”, acompañado cun chocolate quente para o público participante. Agradecementos: colectivo “Amigos de Jaítos”.

 

SÁBADO 13

12:30h  - Maxia en Sada.

Galicia Ilusiona, o Festival Internacional de Ilusionismo, con máis de 220 actuacións en toda Galicia, fará unha parada en Sada co Mago Paco,  un dos magos favoritos dos máis pequenos, é especialista en maxia infantil, contando sempre coa participación do público para os seus grandes xogos máxicos. Lugar: Lateral Casa da Cultura Pintor Lloréns
Todo o día. Maratón Fútbol Praia Infantil Festas de San Roque Praia As Delicias Actividade previa inscrición.

 

19:00h – Torneo de Verán Cidade de Sada

Organizado polo Sada Club Fútbol e clubv Fútbol Carnoedo. No Campo de Fútbol Municipal  Andrés Pena

 

22:30h  -  CONCERTO – gREAT sTRAITS - The great songs of dIRE sTRAITS . Lugar: Xardíns do paseo marítimo.

Quen non escoitou algunha vez Sultans of swing, Romeo and Juliet, Brothers in arms “The great songs of dIRE sTRAITS” é un tremendo espectáculo musical desta coñecida  banda, no que renden homenaxe á exitosa carreira musical de dIRE sTRAITS.

 

DOMINGO 14

TARDE INFANTIL

Lugar: xardíns do Paseo Marítimo Tarde para os máis peques cun montón de actividades gratuitas.

A partir das 17:00h, actividades lúdicas, música e diversión para logo rematar coa festa da escuma.

 

22:30h – CONCERTO: MITIC-ROCK - O ESPECTÁCULO  

Lugar: Xardíns do paseo marítimo.

O primeiro espectáculo musical encabezado por unha gaita, que rompe a etiqueta de "tradicional" para converterse no violín de Candilejas, na guitarra de Brian May ou na voz de Frank Sinatra co seu inesquecible My way. Un paseo de 120 minutos polo pasado e o presente para todos os públicos.

 

LUNS 15 

11:00h- Alboradas polas rúas de Sada a cargo da agrupación “Nova Troula”.

 

12:30h - Misa cantada a cargo da Coral Polifónica San Martiño de Meirás. Lugar: Igrexa Nova. 

 

19:00h – Pregón das Festas. Lugar: Praza de San Roque

Francisco (Paco) Rodríguez Caramazana . 

 

19:30h - FESTIVAL DE MÚSICA CORAL  Lugar: Praza de San Roque

Despois de dous anos sen poder amenizar as festas, este ano temos de novo con nós o concerto das Habaneras, coas actuacións das nosas corais

  • Coral A Lembranza.
  • Coral Polifónica San Martiño de Meirás.
  • Coro Galego de Veigue.

 

22:30h -  CONCERTO: LOS ENEMIGOS Lugar: Xardíns do paseo marítimo.

LOS ENEMIGOS son unha das bandas máis importantes do rock español. Un rock con altas doses de humor salvaxe e racional marcado pola personalidade de Josele Santiago, unha das grandes figuras da escena musical actual. O grupo, formado por Josele Santiago, Fino Oyonarte, Chema 'Animal' Pérez e David Krahe son responsables dalgunhas das cancións máis influentes da nosa música popular contemporánea. 

 

MARTES 16 

11:00h – Alboradas polas rúas de Sada a cargo de “Coro Galego Santa Comba de Veigue”

 

12:30h -  Misa cantada a cargo do “Coro Municipal Agra das Arcas” co acompañamento da Banda Municipal de Música de Sada. Lugar: Igrexa Nova.

 

19:00h – Pasarrúas musical a cargo de  LATEXO PERCUSIÓN

Ritmos magnéticos que buscan a éxtase, explosión de ritmo e enerxía, mestura de danza e arranxos musicais baseados na tradición dos blocos afro de Salvador de Bahía.

 

20:30h - CONCERTO DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

Como xa é tradición, a nosa Banda Municipal ao completo, da man do director Miguel Brea, tocará pezas que nos transportarán a outras épocas e lugares, acompañados nesta ocasión polas pandereteiras As Avelaíñas Santa María do Temple, e Ismael García del Río, profesor de gaita da A.M.D.T. Queiroa. Lugar: Praza de San Roque (no caso de chuvia celebrarase no Auditorio)

 

23:00h – VERBENA: PARIS DE NOIA Lugar: Praza Irmáns Suárez Picallo

Unhas das tres mellores orquestras de Galicia neste momento. Fundada no ano 1957 por Joaquín García Piñeiro (O Acordeonista), o mítico cantante Constantino Pego e outros 10 compoñentes máis.

 

MÉRCORES 17 

11:00h – Alboradas polas rúas de Sada a cargo de “A.M.D.T. Queiroa”

 

12:30 Misa cantada a cargo da “Coral A Lembranza”. Lugar: Igrexa Nova

 

20:00h – Concerto: LA TROVA CORUÑESA. SABOR A MIN. Lugar: Auditorio Casa Cultura Pintor Lloréns

O grupo coruñés, nado en 2009 da Asociación Cultural La Trova, conta con 14 membros entre voces e músicos,  que nos farán viaxar por estilos musicales distintos, como  o  bolero, a chachachá, as guarachas, a salsa, o jazz e o son cubano. 

 

22:00h – Concerto: DE VACAS. TOUR VACANAL 2022 Lugar: Xardíns Paseo Marítimo

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos arroios. Gozan encima do escenario para que vós gocedes. Mestura de voces e guitarra, harmonías que estimulan e compoñen unha festa para os  sentidos.

 

23:30h – Concerto: CARLOS BAU & 80 RAZÓNS Lugar: Xardíns Paseo Marítimo

As cancións que marcaron toda unha xeración e un espectáculo para todos os públicos, resumido nunha frase: Non ves a un concerto, ves a unha festa” Traenos un repertorio para todos os gustos, xunto ao seu grupo «80 Razóns», no que figuran cancións dos Secretos, Nacha Pop, Luz Casal, Hombres G, La Guardia, Loquillo y Trogloditas, Alaska, Radio Futura, Sabina…

 

XOVES 18

11:00 Alboradas polas rúas de Sada a cargo de “A.C.D. A Meda do Castro”.

 

18:00h  LXI SARDIÑADA DE AGOSTO

Tradicional sardiñada popular das Festas de San Roque. Coa animación musical da agrupación folclórica “Nova Troula” Lugar: área recreativa O Curruncho.

 

21:00h - ESPECTÁCULO -  ÓPERA BREAK'S Vella Escola. Lugar: Praza detrás da Terraza 

Espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. A través da expresión musical e corporal rompemos as barreiras do clásico e do urbano, fusionandoas nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos Lugar: Praza detrás da Terraza

 

22:30h -  Verbena coa orquestra RITMO JOVEN. Lugar: praza Irmáns Suárez Picallo.

 

00:00h - Espectáculo pirotécnico nocturno para despedir as festas Lugar: diante da praia Nova.

 

VENRES 19

CINE DE VERÁN: + ARRIEIROS SOMOS.- Proxección de capítulo desenvolvido no Concello de Sada. (20 minutos) + OUTROS CAMIÑOS.-

Ti serías capaz de facer con nós mais de 500 km encima da bici pola Ruta da Prata?” Esta era a pregunta que facía Javichu, piloto con parálise cerebral de Discamino, ao actor Rubén Riós en xaneiro de 2019 despois de ver o documental Máis ca Vida realizado con personas con discapacidade intelectual. Nese instante comezarían centos de Kilómetros, días de aprendizaxe, sorrisos, apertas e bágoas onde os líderes dese camiñar, 4 persoas con parálise cerebral, guiarían ao resto do pelotón na aprendizaxe da relación das persoas coa diferenza humana. Lugar: Praza de San Roque Horario: 22:00h Entrada gratuíta.

 

SABADO E DOMINGO 20-21

SADA COMERCIO

Feira de comercio e oportunidades O paseo marítimo de Sada acolle o sabado 20 e o  domingo 21 de agosto unha nova edición de Sada Comercio, unha feira de oportunidades que se consolida como unha das mais importantes onde atopar dende artigos de moda, calzado e complementos ate artesanía e xoguetes do comercio local Achégate a visitarnos!!

 

SÁBADO 20

XOGOS CURRUNCHEIROS: XINCANA CURRUNCHEIRA Lugar: varias rúas de Sada, con base na Área Recreativa O Curruncho. Horario: dende as 11:00h

Os Curruncheiros están de volta! Celebran un encontro entre peñas sadenses, no que ademáis de compartir un picnic, organizaranse xogos nos que porán a proba o seu enxeño e habilidade. Actividade con inscrición previa. Organiza: AC Eres de Sada Si.

 

CINE DE VERÁN: CROODS 2. UNHA NOVA ERA. Lugar: praza de San Roque Horario: 22:00h (95 minutos) Entrada gratuita.

Sinopsis: A familia prehistórica aventúrase a explorar o mundo co obxectivo de localizar un lugar máis seguro ao que chamar fogar. Atopan un idílico paraíso amurallado que cumpre con todas as súas necesidades, onde coñecen outra familia que xa vive alí, os “Masmejor”. Cando todo parece perdido, unha nova ameaza embarca ás dúas familias nunha aventura épica máis aló da seguridade da muralla, que lles obrigará a aparcar as súas diferenzas, axuntar forzas e loitar por un futuro xuntos.

 

DOMINGO 21

CINE DE VERÁN: PADRE NO HAY MÁS QUE UNO. LA LLEGADA DE LA SUEGRA. Lugar: Praza de San Roque Horario: 22:00h (96 minutos) Entrada gratuita.

Sinopsis: Co triunfo da asistente virtual 'Conchi', Javier (Santiago Segura) converteuse en líder do chat de nais e todo marcha como unha seda. Parece telo todo baixo control, pero a noticia inesperada da chegada dun novo bebé pono todo patas para arriba. E para rematar, chegará a sogra.

 

LUNES 22

CINE DE VERÁN: VALENTINA. Lugar: Praza de San Roque Horario: 22:00h (70 minutos) Entrada gratuita.

Sinopsis: Valentina soña con ser trapecista e cre que por ser Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as orugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra. Premios 2022: Premios Platino: Nomeada a mellor película de animación 2022: Premios Quirino: Nomeada a mellor longametraxe 2021: Premios Goya: Mellor película de animación

Arquivado en