FIGURANTES DAS CARROZAS DOS REIS MAGOS 2023

20 / DEC / 2022

FIGURANTES DAS CARROZAS DOS REIS MAGOS 2023

A concellería de Cultura convoca ás nenas e nenos sadenses que queiran participar como figurantes, acompañando ás súas maxestades de Oriente no seu percorrido polas rúas sadenses na Cabalgata de Reis.

LISTAXE FIGURANTE CABALGATA REIS 2023

 

PARTICIPANTES

Poderán inscribirse rapazas e rapaces con 6 anos cumplidos na data de publicación destas bases. As nenas e nenos integrantes de cada carroza irán acompañados por monitores que velarán pola súa seguridade.

No proceso de selección terán preferencia as inscricións de persoas empadroadas no Concello de Sada (realizarase unha comprobación de oficio no Padrón Municipal).

 

PRAZO:

Establécese un prazo de presentación de inscricións dende a publicación destas bases na web municipal ata as 14.00h do 26 de decembro.

 

INSCRICIÓN:

Poderá realizarase directamente a través dun formulario online na web municipal www.sada.gal

 

PRAZAS:

O número de prazas dispoñibles establecerase segundo criterios de seguridade para os deseños das carrozas da Cabalgata 2023.

 

DISFRACE:

Os solicitantes seleccionados deberán participar cun disfrace relacionado co Nadal para aportar colorido ás carrozas.

 

SELECCIÓN:

O listado de solicitantes seleccionados publicarase o día 29 de decembro na OMIX e na páxina web municipal. Se houbera un maior número de inscricións que prazas dispoñibles seguirase o seguinte procedemento:

  • Farase selección das inscricións por orde de idade, de menor a maior das/os solicitantes empadroadas/os en Sada, con preferencia para os/as solicitantes de menor idade.
  • Se tras realizar o proceso citado seguen quedando prazas, seleccionaranse as inscricións por orde de idade de menor a maior das/os solicitantes non empadroadas/os en Sada.
  • En caso de que seguindo a condicións anteriores houbera máis dunha solicitude con igualdade de dereito de acceso para a última praza dispoñible, realizarase un sorteo público na OMIX o día hábil seguinte ao de peche do prazo de inscrición.

 

LISTAXE DE AGARDA:

As persoas non seleccionadas formarán parte dunha lista de agarda e serán informadas en caso de que se rexistre algunha baixa.

 

ORGANIZACIÓN DA CABALGATA

As/os participantes acudirán acompañados dos adultos responsables á explanada da Lonxa de Sada, a tarde do 5 de xaneiro ás 17:30h.

Os familiares acompañantes recibirán instrucións para a recollida dos seus nenos e nenas á finalización do percorrido da Cabalgata, hora aproximada ás 19:30 no exterior da Casa da Cultura.

As rapazas e rapaces figurantes recibirán unha pulseira na que constará o seu nome e o teléfono de contacto da persoa responsable que firmou a autorización no formulario de inscrición.

As e os participantes saberán con antelación en que carroza están asinados, a través dos listados publicados cos nomes das e dos admitidos. As monitoras e monitores contratados para salvagardar a seguridade nas carrozas encargaranse de recepcionar aos participantes de cada carroza.

BASES COMPLETAS DE PARTICIPACIÓN DE FIGURANTES NAS CARROZAS 2023

Arquivado en