-Desde o sábado pola mañá, e durante todo o fin de semana, disputarase na pista urbana instalada na Avenida dá Mariña e o aparcadoiro do Paseo Marítimo o campionato de España de Patinaxe de Velocidade.
-O pavillón de deportes acollerá o Campionato Galego de Ximnasia Artística Feminina e Masculina o sábado e o domingo.
-A selección galega de fútbol Gaélico enfrontarase o sábado no campo As Mariñas- Andrés Pena á selección irlandesa
Sada, 18 maio 2016
O próximo fin de semana Sada acollerá tres probas deportivas de máximo nivel que poderán gozar veciños e visitantes en tres localizacións diferenciadas.
Campionato de Espala de patinaxe de Velocidade.
Disputarase nun circuíto urbano, realizado para a ocasión, que discorrerá practicamente polo centro da localidade. O circuíto estará habilitado nun dos carrís da Avenida da Mariña, desde a glorieta note até o Hotel, así como polo aparcadoiro do Paseo Marítimo.
Sada acollerá o campionato de España Infantil e Xuvenil de Circuíto e a Copa de España Alevín de Circuíto Patinaxe Velocidade tanto masculino como feminino.
A proposta do Comité Nacional de Patinaxe Velocidade, convócase este campionato nacional no que participan 200 patinadores/as en categorías alevín, infantil e xuvenil. As probas celebraranse os días 21 e 22 de maio nun circuíto urbano de 250 metros de corda, de chan de aglomerado asfáltico.
Campionato Galego de Ximnasia Artística
No pavillón municipal de deportes disputarase o Campionato galego de Ximnasia Artística feminino e masculino.
En total participarán en Sada un total de 160 deportistas desde os 6 até os 16 anos en categorías desde promoción autonómica até nenas de vía olímpica.
As probas terán lugar o sábado desde as 10:00 até as 20:00 horas, mentres que o domingo disputaranse probas de 10:00 a 14:00 horas.
Fútbol Gaélico.
Pecha o programa deportivo do fin de semana en Sada un partido de fútbol gaélico entre a selección galega masculina e a selección irlandesa.
O partido será o sábado 21 de maio ás 17:00 horas no campo das Mariñas- Andrés Pena. Previamente disputarase outro partido de fútbol gaélico que enfrontará a dous equipos da preselección galega feminina.